Desde a Concellaría de Vías e Obras do Concello de Gondomar infórmase de que se están a limpar as pistas forestais afectadas “polos incendios que asolagaron Gondomar nas pasadas semanas”, co obxectivo de evitar que as cinzas cheguen ás casas próximas ou ás estradas e camiños da contorna. Esta é a primeira comunicación pública da administración local co respecto a intervencións relativas á cadea de incendios que arrasou centenares de hectáreas do municipio. Durante os incendios, tiveron lugar varias denuncias de veciños e colectivos que alertaron do mal estado de conservación dalgúns destes camiños forestais, que en moitos casos dificultou as tarefas de combate dos brigadistas e maquinarias de apoio.
Gondomar
O Concello de Gondomar varre as cinzas despois do lume.
Un novo incendio nocturno afecta os montes da parroquia de Morgadáns, en Gondomar.
Por carta semana consecutiva o concello de Gondomar é escenario de lumes que ten a súa orixe en horas da noite. Dende as 20:14 horas está activo un incendio na parroquia de Morgadáns, aínda que sen estimación oficial da superficie afectada. Mais a gravidade do mesmo fai que estean a traballar no lugar 3 axentes e 9 brigadas, dirixidas por un técnico e coa asistencia de seis motobombas e dúas pás mecánicas, segundo da conta Medio Rural.
O Concello de Gondomar estuda subir a taxa da auga para disuadir os consumos excesivos.
-O paquete de medidas para combater a escaseza de auga no concello inclúe o control de posibles fugas na rede de subministro e bandos disuasorios do consumo excesivo.
- Barállase con Augas de Galicia a posibilidade dunha nova conexión dende o encoro do Zamáns que auxilie á captación do Río Touteiras na parroquia de Peitieros.
O lume en Malvas arrasa 20 hectáreas entre Gondomar e Tui.
-Ás 22:11 horas a Xunta dá por controlado o incendio que afectou 20 ha entre Gondomar e Tui, principalmente na parroquia de Malvas.
O intenso lume que comezou a primeiras horas desta tarde entre os límites de Gondomar e Tui e que ameazou o parque natural do Monte Aloia afectou 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións da Xunta de Galicia.
Así foi a pasada noite en Morgadáns
Así foi a noite do lume en Morgadáns. Fotos de @antonestevez . Con este xa son 11 o focos de lume en Gondomar en menos de un mes.
Veciños reportan con tristeza as consecuencias das 12 horas de lume na Serra do Galiñeiro.
- O Pedraghullo arrasado polas lapas e por poucos metros sálvanse a Touba do Brión e O Muíño de Asubío.
- As pegadas do lume nun reportaxe fotográfico coas imaxes captadas polos veciños.
Prenden lume 30 hectáreas da Serra do Galiñeiro
-O lume iniciouse sobre a 1:30 horas da madrugada deste sábado na parroquia de Vincios Gondomar.
Medio centenar de brigadistas asistidos por dous hidroavións, dous helicóptero e palas mecánicas intentan controlar un incendio na Serra do Galiñeiro que se iniciou pasada a medianoite. O lume sitúase principalmente nunha zona rochosa, aínda que xa afectou a algúns espazos forestais próximos aos barrios de Brandufe e Piñeiros, na parroquia de Vincios en Gondomar.
Veciños advirten da actuación de maquinaria pesada na zona de protección da Ponte Romana de Mañufe.
As actuacións de maquinaria pesada no perímetro de protección da Ponte Romana de Mañufe esperta preocupación entre os veciños de Gondomar. Nomeadamente sinalan a construción dun obradoiro e os desprazamentos de terra que están a ter lugar a poucos metros deste ben patrimonial protexido, por mor das obras de saneamento. Se ben a alcaldía anunciou hai un ano que o proxecto non afectará a súa estrutura nin o antigo lavadoiro soterrado na beira sur do río Miñor, témese pola pegada que esta obra poida deixar cara a unha futura rehabilitación da ponte, xa comprometida pola Deputación de Pontevedra.
A oposición obriga ao goberno de Gondomar a baixarse o soldo á metade.
O equipo de goberno de Gondomar deberá baixarse o soldo un 50%. A moción de urxencia aprobada no pleno de onte a petición do concelleiro Eladio Costas foi aprobada cos votos dos grupos da oposición. A petición do PSOE os cartos destinaranse a emerxencias sociais. Nesta redución tamén entran as partidas que a oposición cobra pola asistencia aos plenos.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL