Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Ponte de Mañufe quedará a salvo de intervencións sobre a súa estrutura co novo proxecto de saneamento.

A Ponte de Mañufe quedará a salvo de intervencións sobre a súa estrutura co novo proxecto de saneamento.

Correo-e Imprimir PDF
ponte maufe

A senlleira Ponte Románica de Mañufe quedará a salvo de posibles intervención na súa delicada infraestrutura, trala modificación do proxecto de mellora da rede de colectores de Gondomar. Así o anunciou este martes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández,ao alcalde Fernando Guitián, quen solicitara meses atrás unha alternativa ao plan orixinal que prevía unha perigosa intervención na histórica ponte, así como no Acueduto do Bravo, sobre o río Vilaza.

 Hernández sinalou que "tras escoitar tanto ao concello como aos veciños", o seu departamento contemplou varias modificacións no proxecto, entre as que destaca a non substitución do colector do río Vilaza, xa que no seu lugar mellorarase esta infraestrutura nunha lonxitude moi superior á que se pretendía suplir. Ademais o bombeo previsto cambiouse ao outro lado do río Miñor para evitar a súa afección á ponte de Mañufe.

O novo trazado (cun custe de obra de 3,5 millóns de euros), tamén incluíu a substitución do colector de gravidade por unha impulsión de polietileno de 500 mm de diámetro, polo mesmo trazado que o depósito previsto, que impulsará directamente todas as augas residuais ata o pretratamento existente na depuradora de Gondomar. En consecuencia, o bombeo principal situarase no tanque de tormentas da vila de Gondomar, no cal se recollerán todos os caudais das parroquias de Morgadáns, Chaín, Gondomar centro, Mañufe e Vilaza. Este bombeo impulsará un caudal máximo de 236 l/s.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site