Mércores, 17 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Augas de Galicia presenta un proxecto de saneamento para Vilas e Prado en Morgadáns.

Augas de Galicia presenta un proxecto de saneamento para Vilas e Prado en Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
concello gondomar

Augas de Galicia proxecta colocar dúas depuradoras na parroquia de Morgadáns, ca fin de dotar dun sistema de saneamento á zona, informou o Concello de Gondomar. As depuradoras estarían localizadas nos núcleos de Vilas e Prado. A obra de saneamento incluiría un colector xeral, independente da rede principal do municipio.

 

A non conexión de momento coa rede central do municipio fundaméntase nun tema de custes, informou a administración. O proxecto foi motivo dunha reunión o pasado mércores na vila de Gondomar, na que participaron o director de Augas de Galicia para Vigo e Pontevedra, Francisco Alonso, o rexedor local, Fernando Guitián , o concelleiro de Vías e Obras e Saneamento, Jesús Salgueiro, e mais o presidente da Entidade Menor de Morgadáns, Urbano Esmerode.

O goberno de Gondomar salientou nun comunicado que " o Goberno Local dá un paso máis cara a consecución da mellora do saneamento xeral de Gondomar e consegue facer realidade unha proposta, incluída no seu programa electoral e demandada polos veciños, que o concelleiro Jesús Salgueiroxa viña reclamando dende a súa participación como vocal na Entidade Menor, antes de formar parte da corporación."