Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Verquidos de augas fecais contaminan o Río Morgadáns en Gondomar.

Verquidos de augas fecais contaminan o Río Morgadáns en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Os vertidos no barrio de Toucido (Gondomar) están contaminando o Río Morgadáns.

Unha avaría no barrio de Toucido, na parroquia de Gondomar, está a verter augas fecais nunha levada de rego que desemboca no Río Morgadáns. Unha tapa de sumidoiro levantada nese sitio comprometen tamén as augas do Muíño de Quintas, un dos escasos muíños operativos da bisbarra miñorana, ao cal moitas veces acuden os nenos dos colexios da zona a mirar o seu funcionamento.

O Bloque Nacionalista Galego xa presentou denuncia ante Augas de Galicia, SEPRONA, e anuncia que pedirá explicacións ao goberno municipal de Gondomar no transcurso do pleno da corporación a celebrarse este xoves 15 de setembro.

O portavoz nacionalista Xosé Antón Araúxo informou que os vertidos continúan a pesar da denuncia feita hai unha semana pola súa agrupación. O concelleiro e ex rexedor gondomareño responsabiliza ao Partido Popular e sinala que a desfeita " é unha mostra máis de como se facían as obras de saneamento en tempos do PP en Gondomar".

Araúxo opinou que agora, "malia a ter seis membros do goberno municipal cobrando xenerosamente por desenvolver o seu labor, un deles precisamente é o concelleiro responsable do saneamento, resulta que o abandono e a desidia polas cousas públicas está acadando cousas nunca vistas en Gondomar."