Xoves, 8 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Comezou o desmonte de muros, formigonado e ampliación do paseo da Coelleira sobre o río Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

proyecto-Minhoor2-As zonas verdes do parque rematarán en talude sobre o paseo que será formigonado. As obras contemplan a reparación das pontes de madeira que cruzan o río Miñor na zona.

Unha vez conseguidos os permisos de Augas de Galicia e Patrimonio, operarios do Concello acometen estes días os traballos centrados no desmonte dos muros existentes na zona para rematar en talude ata o paseo, que será formigonado para asegurar a estabilidade do firme e contará cun ancho de tres metros e medio, segundo comunica o Concello de Gondomar.

Gondomar remata o 2013 sen unha solución á crise do transporte público.

Correo-e Imprimir PDF

atsa-Logo de reunirse con autoridades da Xunta de Galicia e por separado coas empresas Melytour e ATSA a Plataforma de usuarios do transporte público de Gondomar afirma que "desgrazadamente a solución aínda está lonxe".
As liñas de ATSA seguen sen entrar á vila de Gondomar. Os recortes de frecuencias que dende hai catro meses aplicaron Melytour e a devandita ATSA seguen en pé. Non hai servizos directos a Baiona nin ao centro de Nigrán. Os máis de 300 universitarios que viven no concello seguen sen contar cun servizo ao campus universitario. "Non é de recibo que Gondomar padeza esta situación en tempos de crise onde o transporte en bus é vital para moitas persoas", denuncian desde a Plataforma pola defensa do transporte público de Gondomar.

Aberto o prazo para a renovación do DNI en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Desde o Concello de Gondomar infórmase de que xa está aberto o calendario do 2014 para a renovación do DNI. As persoas interesadas en obter unha cita ou consultar datas deben poñerse en contacto coa Xefatura da Policía Local no teléfono 986 389 191.

Condenan ao ex alcalde de Gondomar Martín Urgal e ao ex de urbanismo Alfonso de Lis por prevaricación urbanística.

Correo-e Imprimir PDF

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo condena ao ex alcalde de Gondomar, Martín Urgal e o seu 1º Tenente de Alcalde e concelleiro de Urbanismo, Alfonso De Lis a unha pena de 8 anos e 6 meses de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por entender que cometeran un delito continuado de prevaricación urbanística.

Acondicionarán a pista deportiva de San Roque de Morgadáns para evitar accidentes.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar achegará 3.000 euros a través dun convenio coa Sociedade Cultural de San Roque de Morgadáns co xeito de acondicionar a pista deportiva situada a carón do centro cultural do devandito barrio. O acordo foi asinado polo alcalde Fernando Guitián e mais o presidente da sociedade, Manuel Alonso, segundo deu a coñecer este martes a administración local.

Estraño vertido vermello espállase polas augas do Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF

zamans vermelloUn estraño vertido de cor vermello tinguiu as augas do río Zamáns o pasado mércores sen que se coñeza ata de agora as causas do fenómeno. O feito foi captado polo cámara Pablo Banga, de Gondomar.tv quen denunciou a filtración que pode observarse no vídeo divulgado na noite deste xoves 14 de novembro.

As críticas á reforma da Lei de Administracións Local centrará a presentación da deputada Olaia Fernández en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

olaia bngA representante do BNG no Congreso de los Diputados afondará na perda de competencias que a reforma prevé para os concellos de menos de 20 mil habitantes.  Entre elas a posible diminución ou accesibilidade das asociacións locais para acceder a axudas e subvencións. O encontro de carácter aberto terá lugar este venres 15 de novembro ás 20:15 horas na Casa da Cultura de Gondomar. A charla será presentada por Bieito Lobariñas e  Manuela Rodríguez Pumar, responsábel local de acción municipal. 

ANOVA denuncia que a estación de bombeo de A Torre en Chaín leva máis de 20 días vertendo augas fecais ao río.

Correo-e Imprimir PDF

bombeo-a-torre1A menos de un ano da súa reparación a estación de bombeo do barrio A Torre en Chaín presenta unha nova avaría. A pesar dos case 40 mil euros gastados no seu arranxo, a estación está vertendo augas fecais ao río e invadindo con malos cheiros a zona. Así o denuncia o grupo nacionalista ANOVA nun comunicado no que acusa ao goberno municipal de Gondomar de ignorar o problema "malia a que por alí pasa a diario o concelleiro ramo que vive a 200 metros".

Entra en vigor o novo regulamento que amplía as zonas reservadas para carga e descarga na vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

zonas-carga-descarga-gondom-A nova regulación, xa en vigor, aumenta as zonas e horarios destinados á carga e descarga establecendo dous tipos: as zonas libres e as zonas reservadas ou restrinxidas, que so poderán ser utilizadas previa solicitude e trala correspondente autorización

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra recolle no seu número de onte a modificación da Ordenanza Municipal de Carga e Descarga do Concello de Gondomar, que xa está en vigor. No novo documento enténdese por carga e descarga a realizada comercialmente por persoas que realizan as súas tarefas con “carácter profesional e mediante vehículos considerados legalmente como comerciais” quedando, deste xeito, “excluídas as cargas e descargas de carácter privado”, segundo informa o Concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL