Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Detido pola Garda Civil un veciño de Gondomar como suposto autor dun atraco en Tui.

Detido pola Garda Civil un veciño de Gondomar como suposto autor dun atraco en Tui.

Correo-e Imprimir PDF

A Garda Civil detivo o venres a R.C.R.R. de 38 anos de idade e veciño de Gondomar como suposto autor dun roubo nun establecemento hostaleiro de Tui. Os feitos tiveron lugar nun restaurante do concello o pasado día 5 de febreiro cando un home entrou no lugar cun casco de motocicleta e un coitelo, segundo da conta La Voz de Galicia. Segundo a versión tras intimidar á dependenta levouse os cartos gardados na caixa rexistradora.


A Garda Civil de Tui iniciou as correspondentes investigacións e logrou deter ao autor. Ademais, interviñeron un vehículo de marcha Wolksvagen modelo Polo que usaría na fuxida para perpetrar o roubo. O detido ten antecedentes policiais e o xulgado decretou prisión preventiva.