Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar ANOVA-Gondomar: “ hai fundadas sospeitas de que a veciñanza siga tendo que pagar a contribución inxustamente durante moitos anos”.

ANOVA-Gondomar: “ hai fundadas sospeitas de que a veciñanza siga tendo que pagar a contribución inxustamente durante moitos anos”.

Correo-e Imprimir PDF
vila-gondomar

-ANOVA reclamará ao Concello facilitar documentación aos veciños que están a pagar contribucións “inxustas” pola falla de actualización catastral que sofre Gondomar.

Desde ANOVA sinalan que trala anulación en 2005 do PXOM de Gondomar, a Dirección Xeral de Catastro non ten aínda axeitados os datos catastrais ás normas que actualmente rexen no concello. Situación que provoca que algúns veciños estean a pagar unha contribución (IBI) “inxusta” segundo ten constatado os nacionalistas. Por iso solicitarán no pleno de este xoves que o goberno municipal poña a disposición da veciñanza toda a documentación necesaria para que os interesados podan efectuar as súas reclamacións ante a Dirección Xeral do Catastro.

Antonio Araújo, portavoz de ANOVA, pedirá ao equipo do alcalde Fernando Guitián celeridade na aplicación desta medida, pois lembra que desde outubro pasado tiñan o mandato do pleno para solicitar a adaptación catastral do municipio. Xestións que foron encargadas ao rexedor e que segundo Araújo, “ non foron realizadas precisamente con dilixencia”.

Por riba, “a tramitación do novo PXOM vai para largo”, advirten desde ANOVA polo que entenden que “ hai fundadas sospeitas de que a veciñanza siga tendo que pagar a contribución inxustamente durante moitos anos”.

Texto de acordo do Pleno que presentará ANOVA-Gondomar.

O Goberno Municipal porá á disposición da veciñanza que así o solicite, e no departamento municipal que considere máis axeitado, toda a información necesaria para que cada veciñ@ poida facer as xestións oportunas a respecto das súas propiedades e da clasificación urbanística das mesmas: certificacións, planos de situación, etc, que precisen co obxecto de reclamar perante a Xerencia do Catastro para que proceda a modificar a situación catastral das mesmas adaptada á actual realidade urbanística de Gondomar. Todo isto na maior brevidade posible de tempo a un custe mínimo por tratarse dunha reclamación xusta así recoñecida por Corporación Municipal”.