Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Será retirada unha pintada con incitación á violencia machista na vila de Gondomar.

Será retirada unha pintada con incitación á violencia machista na vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
unnamed

O preocupante agromar de actitudes machistas nas relacións de parella, especialmente na mocidade, será un dos principais temas a debater no vindeiro Consello Municipal da Muller a desenvolverse en Gondomar. O problema será posto enriba da mesa pola representación do BNG que ven de solicitar ao Concello de Gondomar a retirada dunha pintada de claro contido "posesivo e ameazante", das inmediacións do Campo das Cercas.


A incitación pública á violencia de xénero non só se amosa neste tipo de carteis. Segundo a portavoz nacionalista Manuela Rodríguez Pumar, estudos recentes sinalan a crecente confusión na mocidade de actitudes como o control posesivo, asumido , sobre todo polas mozas, como unha suposta mostra de amor.
O BNG levará ao vindeiro Consello Municipal da Muller, que se reunirá en febreiro, a proposta de que se organice unha campaña institucional de concienciación, orientada especialmente á mocidade do concello, sobre a violencia de xénero nas súas diversas manifestacións, ante o preocupante aumento deste fenómeno.