Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar: Vías e Obras patrulla o municipio para facer fronte aos danos provocados pola treboada.

Gondomar: Vías e Obras patrulla o municipio para facer fronte aos danos provocados pola treboada.

Correo-e Imprimir PDF
treboada gondomar

-O Concello de Gondomar emite un comunicado con advertencias e recomendacións aos viandantes e condutores que transiten polas estradas do municipio.
-Reportan que nestes días lévanse retirado un total de sete muros derribados polo vento, así como numerosas árbores que cortaban varios camiños do municipio
O temporal que azouta a comarca estes días está a causar graves danos que segundo informan dende o Concello de Gondomar, ten afectado diversas zonas verdes e estradas. Por mor disto, a brigada de Vías e Obras do Concello de Gondomar está a traballar e patrullar por diversos puntos do municipio para facer fronte a posibles imprevistos


Dende Vías e Obras, sinalan que ata de agora lévanse retirado un total de sete muros derribados polo temporal, así como numerosas árbores que cortaron varias estradas do municipio.
Recomendacións á veciñanza
Así mesmo, o Concello emitiu un comunicado no que recomenda retirar "macetas e todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa e provocar un accidente, ademais de asegurar elementos como los toldos ou persianas".
Sinala aos viandantes que na rúa, "convén afastarse de cornisas, muros ou árbores, que poidan chegar a desprenderse e tomar precaucións diante de edificios en construción ou en mal estado".
Tamén, no caso de verse obrigado a desprazarse por estrada "débense extremar as precaucións pola posible presenza de obstáculos na vía e informarse das condicións meteorolóxicas da zona á que viaxa".