O BNG de Gondomar presenta por rexistro a solicitude de que o Pleno da Corporación municipal instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado español o inicio dun proceso constituínte. A moción pretende que "as nacións sexan o referente político, para garantir o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman o Estado español recoñecendo o noso dereito a decidir". Os nacionalistas entenden que tras a abdicación do rei Juan Carlos I a proposta de continuidade da monarquía preséntase como un réxime "anacrónico" e incompatíbel cun sistema democrático: "un réxime "vitalicio" e "hereditario" estabelecido "pola graza de Deus" e que "supuxo, no caso español, a continuidade co franquismo", salientan.
Engaden que estase a asistir a unha "operación de cosmética para salvar o réxime, sabedor de estar sendo cuestionado pola inmensa maioría da poboación que non se identifica nin se sente representado pola familia real"
Gondomar
O BNG de Gondomar maniféstase a prol do inicio dun proceso constituínte para un novo modelo de Estado.
Nacionalistas pedirán ao pleno de Gondomar instar á Xunta e á FEGAMP recorrer a nova Lei de Telecomunicacións.
O grupo nacionalista presentará unha moción no vindeiro pleno do 5 de xuño para que o Concello de Gondomar inste á Xunta de Galicia e á FEGAMP a que recorran por inconstitucional a Lei de Telecomunicacións aprobada recentemente polo Goberno do Estado. O concelleiro nacionalista Antonio Araújo, fundamenta a iniciativa no feito de que ademais de ser "unha gravísima intromisión nas competencias autonómicas e na autonomía municipais, permite instalar e expropiar, se for o caso, unha terraza particular dunha casa ou edificio para instalar unha antena".
A xustiza arquiva a causa por presunta prevaricación do alcalde de Gondomar e decreta o seu sobresemento.
-A xustiza decreta o sobresemento provisional do alcalde de Gondomar no presunto caso de prevaricación.
Xulgado de Instrución número 7 de Vigo decreta o sobresemento e arquivo da denuncia interposta polo edil Pauliño del Río ao alcalde de Gondomar, Fernando Guitián en relación coa prestación do servizo de conservación e mantemento de parques, xardíns
A Xunta autorizará oficialmente este xoves a construción do novo centro de saúde de Gondomar.
Así o adiantou este mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo na sesión plenaria do Parlamento de Galicia. O novo Centro de Saúde de Gondomar se localizará na Rúa das Ánimas e terá un prazo de execución de 15 meses e contará cun orzamento de 2:7 millóns de euros. Así mesmo, avanzou que "proximamente" impulsará o do centro sanitario de Panxón.
O Concello de Gondomar anuncia unha redución nun 75% do canon da auga e de vertedura.
O Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. "Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada", explica o edil.
Fiscalía pide 15 anos de cárcere por intento de asasinato a un veciño de Gondomar na semana santa de 2013.
Este luns comparecerán ante a xustiza os dous presuntos autores do ataque con arma de fogo a un veciño de Gondomar ao que feriron de gravidade. Os feitos acontecidos no venres santo de 2013 e tras pescudas da Garda Civil remataron coa detención e prisión preventiva de A.A.B (Portugalete, 29) e D.D.F (Bilbao, 32) . Agora, o fiscal pide 15 anos de cárcere para estes homes aos que acusa de asasinato en grado de tentativa e tenencia ilícita de armas, segundo adianta La Voz de Galicia na edición deste domingo.
Gondomar: O PXOM borra do ordenamento a Praza de abastos, o Xulgado de Paz e 60 vivendas no rural.
Imaxinar a vila de Gondomar sen os senlleiros edificios proxectados polo arquitecto José Bar Bóo: a praza de abastos e o actual edificio do Xulgado de Paz. Ou dar un paseo pola beira do Miñor onde xa non se ergue o vello matadoiro municipal. Todo isto pode pasar se a actual redacción do PXOM non é modificada antes da súa aprobación. Todos estes edificios están fóra da actual ordenación urbanística que tramita o Concello de Gondomar coa empresa Eptisa segundo deixa en evidencia un informe elaborado polo concelleiro non adscrito Eladio Costas. A estes tres edificios do equipamento público súmanse catro edificios de vivendas do casco e nada menos que 60 fincas localizadas en núcleos rurais, das cales seis forman parte do Inventario de Elementos Catalogados en Carrasquedo de Abaixo como se pode observar nos mapas elaborados polo ex concelleiro do PP, adxuntos a esta nota.
Todoterreo calcinado nunha finca do lugar de Os Amados (Peitieiros)
Un todoterreo ardeu só cando estaba aparcado no xardín dunha casa da parroquia de Peitieiros (Gondomar) e quedou completamente calcinado. O suceso ocorreu sobre ás 8.30 horas no lugar dos Amados, segundo da conta o xornal La Voz de Galicia. As chamas danaron tamén o motor do portalón da finca.
Acto do BNG en Gondomar
Este luns 19 ás 20:15 h., na Casa da Cultura de Gondomar, vaise celebrar un acto público do BNG en Gondomar que contará coa presenza de Manuela Rodríguez Pumar (Responsábel Local de Acción Municipal do BNG Gondomar), Adrián Bravo (Responsábel Comarcal de Vigo de Galiza Nova) e Isabel Risco (Actriz e candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento europeo).
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL