Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Fiscalía pide 15 anos de cárcere por intento de asasinato a un veciño de Gondomar na semana santa de 2013.

Fiscalía pide 15 anos de cárcere por intento de asasinato a un veciño de Gondomar na semana santa de 2013.

Correo-e Imprimir PDF

Este luns comparecerán ante a xustiza os dous presuntos autores do ataque con arma de fogo a un veciño de Gondomar ao que feriron de gravidade. Os feitos acontecidos no venres santo de 2013 e tras pescudas da Garda Civil remataron coa detención e prisión preventiva de A.A.B (Portugalete, 29) e D.D.F (Bilbao, 32) . Agora, o fiscal pide 15 anos de cárcere para estes homes aos que acusa de asasinato en grado de tentativa e tenencia ilícita de armas, segundo adianta La Voz de Galicia na edición deste domingo.

Despréndese da investigación levada a cabo polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra, que os mozos chegaron a Gondomar un día antes da agresión para localizar o vehículo da vítima e poder así seguilo ata localizar a súa vivenda. Un dos detidos, A.A.B., accedería pola zona de peónss ata os ascensores de acceso ao edificio ese día 29, á vez que a vítima entraba en coche ao recinto privado. Foi entón cando se precipitaron os feitos xa que a vítima recibiu un disparo, efectuado cun rifle do calibre 22, cando se dispoñía a subir ao ascensor. O outro arrestado, estaría ao volante do Ford Focus que esperaba na rúa, próximo á zona do céntrico garaxe no que se produciu a agresión, para facilitar a fuga.
A versión dos acusados é que só querían darlle un susto á vítima e dispararlle nas pernas. Decisión que alegan, a tomaran tras beber moito.
O xuízo ter lugar na 5ª Sección da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo.