Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

VIDEO | Un coche sáese da estrada en Vincios e termina encaixado nunha casa

Correo-e Imprimir PDF

Estado no que quedou o vehículo | Foto Yanka SotoO coche saiuse na estrada P-331 que cruza a parroquia de Vincios a altura do kilómetro 144, antes de chegar á Pasaxe.

O conductor, un rapaz novo, puido sair por sí mesmo do vehículo.

Araúxo: “O Goberno Municipal do PP de Gondomar terá que demostrar agora a quen defende: á veciñanza ou ao Sr. Louzán e os negocios da Deputación”.

Correo-e Imprimir PDF

antonio araujo"O aprobado polo Pleno o pasado xoves 2 de outubro, non vincula xuridicamente ao Goberno Municipal, é dicir, poden facer caso omiso do acordado". Así o entende o concelleiro nacionalista Antonio Araúxo consultado sobre a decisión do goberno de Gondomar, que pasará ao cobro os recibos da taxa do lixo correspondentes a 2013 e 2014 a pesar do mandato contrario do pleno. O edil opositor matiza que o acordo plenario ten un "valor político", que reflicte a opinión da maioría dos representantes dos veciños na corporación, mais só compromete eticamente ao goberno. "O Goberno Municipal do PP de Gondomar terá que demostrar agora a quen defende: á veciñanza ou ao Sr. Louzán e os negocios da Deputación".

O pleno de Gondomar anula por maioría o cobro da taxa do lixo de 2013 e 2014, pero o goberno anuncia que o vai cobrar.

Correo-e Imprimir PDF

Colectores en GondomarO cobro dos recibos  pola recollida do lixo correspondente aos anos 2013 e 2014 foi anulada por decisión do pasado pleno municipal do día xoves. Así o decidiron os 9 edís da oposición.

Na mesma sesión, grazas ao apoio do independente Manolo Gómez (IxG), o goberno bipartito PP-CDL sacaba adiante a cesión definitiva deste servizo de recollida de residuos á Deputación de Pontevedra.

O día venres, e tras anunciar aos medios que esta medida permitiría aforrar ás arcas de Gondomar 560.000 euros nos dous primeiros anos, a alcaldía anunciaba na mesma nota o cobro dos recibos correspondentes aos anos 2013 a 2015 incumprindo o acordo plenario.

Mentres o goberno lanza bonificacións a oposición rexeitará no pleno o cobro da taxa do lixo de 2013.

Correo-e Imprimir PDF

colectores-lixo-gondomarO Concello de Gondomar abriu este mércores e ata o 31 de outubro o prazo para acceder a bonificacións no pagamento da taxa para persoas con ingresos inferiores a 532 euros ou grupos familiares que non superen o triplo desa cantidade. A todo isto os nacionalistas ten presentada unha moción que debaterá o pleno deste xoves que  promove a suspensión do cobro retroactivo desta taxa correspondente a 2013 no vindeiro mes de decembro. Medida que contaría co apoio do PSOE e e tamén o non adscrito Eladio Costas segundo puido saber VM.info.

O Proxecto Ríos advirte do incremento de residuos industriais trala limpeza do Miñor e o Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF

proxecto riosO equipo de voluntarios do Proxecto Ríos retirou de unha tonelada e media de lixo das canles dos ríos Miñor e Zamáns o pasado domingo. Durante catro horas efectuáronse as labores no treito baixo do Zamáns, na altura da Ponte de Rosas e o Acueduto do Bravo, así como no curso alto do Miñor á altura dos concesionarios de coches. Tralos traballos, os responsables informaron que retiraron menos plástico que en anos anteriores pero que se incrementaron os de residuos industriais, nomeada-mente pezas de automóbiles.

O goberno de Gondomar “certifica” a efectividade do muro de contención nas escolas vellas.

Correo-e Imprimir PDF

Muro cdlO goberno de Gondomar “certifica”nun comunicado público que o muro-grada recentemente instalado na fronte das escolas vellas da vila evitou o asolagamento das instalacións. A contención que tivo un investimento próximo aos 100 mil euros, financiados pola Deputación, fora cuestionada por diversos sectores que o consideran ineficiente como solución aos desbordes periódicos do Río Miñor nesa zona de terreos baixos. Nomeadamente, e como viuse nas últimas choivas, a instalación non protexe todo o perímetro do edificio, provocando acumulación de auga que só pode conter a capacidade de absorción do terreo. O perigo aumenta en tempadas onde as precipitacións instálanse durante varios días. A administración asegura que traballa no perfeccionamento do sistema e procura recursos para ampliar os instrumentos de evacuación das augas.

Araújo: “os peores augurios fixéronse realidade: Taxazo pola recollida de lixo” en decembro para Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

arauxoA Deputación de Pontevedra deu orde ao ORAL  de poñer ao cobro os recibos da taxa pola recollida de residuos de 2013 con carácter retroactivo. O concelleiro nacionalista non adscrito Antonio Araújo afirma que o seu grupo acaba de decatarse da orde pola cal en decembro deste ano cobrarán o correspondente da taxa ao 2013. Segundo a información revelada esta mañá polo edil, a maiores entre maio e xullo de 2015 cobrarán a do 2014 e en decembro de 2015 a dese ano.  “Como xa denunciamos cando a aprobación do convenio coa Deputación de Pontevedra, que lle dá poder absoluto para manexar a prestación dun servizo tan básico nos concellos adheridos, no caso de Gondomar e antes do que pensabamos, fixéronse realidade os peores augurios ao respecto”, lamenta Araújo.

Homenaxe veciñal á memoria de Javier Alonso Salgueiro

Correo-e Imprimir PDF

cartel javier alonso"Sito", "O Roxo de Regodagua", "O Rubio de Barreras", "O Mozo da Bandeira", calquera destes alcumes refírense á mesma persoa, Javier Alonso Salgueiro, Fillo predilecto de Gondomar. Sindicalista e militante político, foi destacado concelleiro en Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Impulsor do asociacionismo na súa parroquia e loitador social infatigable. Os veciños de Chaín queren honrar  súa memoria no 25 cabodano do seu tráxico falecemento.

VIDEO | Os plenos no Val Miñor e outras "pérolas" do debate plenario do PXOM Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Momento do pleno

Que Nigrán e Baiona celebren os plenos de mañá non é unha casualidade. Cantas menos testemuñas menos información, e os asuntos poden levarse sen que levanten moito rebumbio. E se sobra alguén que poida ser molesto, pois elimínanse o aforo e punto.

Un comunicado dos respectivos gabinetes de prensa municipais e os cruces de acusacións dos respectivos partidos políticos logo da finalización do pleno xa é suficiente para encher as páxinas locais coa particular visión da actualidade do día de cada un dos respectivos partidos. (Ctrl +C / Ctrl +V)

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL