Mércores, 7 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Eladio Costas carga contra a administración local de Gondomar ante un novo revés xudicial.

Correo-e Imprimir PDF

eladioAs relacións na interna do Partido Popular de Gondomar non son as mellores dende o inicio da xestión de Fernando Gutián ao fronte do partido e da alcaldía. Nomeadamente con quen fora seu segundo na lista, o ex tenente de Alcalde Eladio Costas Pereira así como co actual presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode Domínguez, tamén do seu partido. O primeiro abandonou o goberno en marzo de 2013 por discrepancias co rexedor e deixou ao bipartito PP-CDL en minoría no pleno. Os desecontros políticos e administrativos con Urbano Esmerode remataron en máis dunha ocasión nos xulgados. Esta mañá o xornal Faro de Vigo daba a coñecer unha nova sentenza de xustiza que obriga ao Concello de Gondomar a transferir á Entidade Local de Morgadáns o 25% dos impostos recadados na parroquia nos anos 2011 e 2012. Tras coñecerse esta última, agora Eladio Costas volve a cargar e sinala que esta é a “pinga que colma o vaso” e afirma que Guitián e o seu equipo “día a día se fan merecedores da rebaixa do 50% dos seus salarios”, como ten resolto o pleno dende setembro de 2012, medida que o goberno ata de agora non aplicou.

Desinfectan as arquetas e rexistros da Rúa San Bieto en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

desinfeccion-gondomarVeciños desta rúa, puxeron en coñecemento do Concello a existencia de cascudas nesta rúa. Unha vez comprobada a veracidade da existencia destas, realizouse unha desinfección de todas as arquetas e rexistros de ambas as dúas beirarrúas da Rúa San Bieto. O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, afirma que "os traballos foron realizados por unha empresa experta en control de pragas a cal certifica a eficacia do tratamento" e engade, "o mes que vén esta empresa realizará outra inspección na zona e aplicará mais tratamento se fose necesario".

EU denuncia o peche por falla de persoal da Biblioteca Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-cultura-gondomarEsquerda Unida Gondomar denuncia  que a Biblioteca Municipal se atopa pechada por falta de persoal. O seu portavoz, Josué Villar, afirma que actualmente o préstamo de libros só é posible achegándose á concellería de Cultura, “complicando a tarefa dos traballadores desta área e facendo que o acto de sacar un libro sexa, en lugar de incentivado, máis complicado”.

Consultas sobre o programa político e as municipais centraron a primeira asemblea de Podemos-Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O pasado sábado tivo lugar a presentación do Círculo Podemos de Gondomar no Centro Neural. Próximo a 90 persoas asistiron á xuntanza segundo fontes da propia organización. As consultas sobre o programa político e as bases ideolóxicas da formación foron o centro das consultas dos participantes na primeira parte da asemblea segundo consta na acta publicada polo círculo. Os problemas municipais e as posibles formas de participar nas vindeiras eleccións locais constituíron boa parte do debate no resto da sesión. A agrupación programa unha próxima reunión para o sábado 12 de xullo ás 20 horas nun ciclo de rotación que o círculo pretende levar a todas as parroquias de Gondomar.

O goberno de Gondomar evita unha rebaixa das súas retribucións postergando a aprobación dos orzamentos.

Correo-e Imprimir PDF

pleno-05-06-2014Quedan sen aprobación definitiva os orzamentos para 2014 no Concello de Gondomar. Unha enmenda presentada polos nacionalistas para lle rebaixar á metade as dedicacións exclusivas aos concelleiros do goberno  (6 de 8 membros), provocou o desconcerto no oficialismo e a decisión de postergar a votación. A situación en minoría na que goberna o equipo do alcalde Fernando Guitián (P P) volve a provocar un revés ás propostas de acordo que leva ao pleno. Pola súa banda, os nacionalistas denuncian o dobre discurso do gobernante bipartito PP-CDL. Asegura o concelleiro Antonio Araújo que “pretendían aprobar definitivamente o orzamento municipal” argumentando que era “vital” para cumprir fines esencias. Sen embargo, cando a súa formación presentou a devandita enmenda, “ah sorpresa!, deciden deixar sobre a mesa esa asunto. Xa non é vital”, segundo relataba tras a culminación do pleno deste xoves pola noite. A votación dos orzamentos e a enmenda nacionalista deberá ser votada na próxima reunión plenaria.

Os promotores do círculo Podemos Gondomar preparan a súa asemblea constitutiva para o 5 de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

10415679 252046518333609 1375573852582991137 nO vindeiro sábado 5 de xullo terá lugar en Gondomar a presentación do círculo local da corrente política Podemos. Deste xeito conformarase a segunda organización de militantes do grupo liderado por Pablo Iglesias que se constituíra como cuarta forza electoral nos tres concellos do Val Miñor, nas Europeas. A presentación terá lugar ás 20 horas no Centro Neural de Gondomar e terá carácter de asemblea aberta, segundo adianta a VM.info, o profesor Manuel Lado, un dos promotores do círculo. Ademais de Lado, entre os iniciadores da formación gondomareña atópanse entre outros Rosa Pascual, María Castro, Marga Cachaza, Odette Guillán e Paloma Amigo.

Rouban o material deportivo e provocan graves desfeitas nas instalacións da AC Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

10434220 611005409012709 7730113708782181254 nDuro golpe ao deporte miñorano. Durante a fin de semana descoñecidos ingresaron ao campo de fútbol da AC Vincios e ademais de roubar o material deportivo da institución provocaron importantes danos nas instalacións. A laboriosa institución deportiva que acadara recentemente o ascenso á 2ª división Autonómica pide a colaboración da veciñanza para recuperar ou aportar pistas do material roubado.

A 5 anos de rematada a última adxudicación, licítase a conservación de espazos verdes en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

a-feiraCun orzamento base de case 80 mil euros anuais, o Concello de Gondomar convocou un procedemento aberto para presentar ofertas cara a adxudicación do servizo de mantemento e conservación das zonas verdes, arborado e xardíns públicos do municipio. A convocatoria ten lugar 5 anos despois de rematada a última adxudicación, que dende 2009 fixo que o servizo se cumprira con varias empresas contratadas de xeito directo pola administración.

Probas físicas proceso selección auxiliar policía local Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
policia-gondomarO Concello de Gondomar infórma da convocatoria das probas físicas para optar ás tres prazas de auxiliar de Policía Local. Os interesados/as deberán acudir o próximo xoves ao Concello gondomareño ás 08.00 horas para medir a súa estatura e ás 09.30 horas deberán desprazarse ata as instalacións deportivas do Campus Universitario de Vigo.
 
A convocatoria das probas publicarase na páxina web e no tablón do Concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL