Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Rouban o material deportivo e provocan graves desfeitas nas instalacións da AC Vincios.

Rouban o material deportivo e provocan graves desfeitas nas instalacións da AC Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
10434220 611005409012709 7730113708782181254 n
10462876 611005125679404 6784116257061804049 n
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Duro golpe ao deporte miñorano. Durante a fin de semana descoñecidos ingresaron ao campo de fútbol da AC Vincios e ademais de roubar o material deportivo da institución provocaron importantes danos nas instalacións. A laboriosa institución deportiva que acadara recentemente o ascenso á 2ª división Autonómica pide a colaboración da veciñanza para recuperar ou aportar pistas do material roubado.

A “estes espabilados non se lle ocorreu máis que entrar no garaxe e roubar todo o material deportivo composto de ferro , tamén nos roubaron 200 metros de cable dos focos de alumeado”, denuncian  impotentes ante os feitos dende a páxina da institución.

Engaden que como “non lle era suficiente o dano nin o botín arrancaron literalmente da parede o portal onde témola ferramenta necesaria para o mantemento do campo e levaron a parte do portal un carretillo, unha mesa metálica, o churrasqueiro,e o peor de todo o carro de pintalo campo”.

O estrago é grande para unha institución modesta, aínda que moi laboriosa, polo que solicitan que se “alguén pode dar a máis mínima pista”, se dirixa a móbil 626668805. Tamén pódese comunicar calquera información á Policía Local de Gondomar ou á Garda Civil.