Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar evita unha rebaixa das súas retribucións postergando a aprobación dos orzamentos.

O goberno de Gondomar evita unha rebaixa das súas retribucións postergando a aprobación dos orzamentos.

Correo-e Imprimir PDF
pleno-05-06-2014

Quedan sen aprobación definitiva os orzamentos para 2014 no Concello de Gondomar. Unha enmenda presentada polos nacionalistas para lle rebaixar á metade as dedicacións exclusivas aos concelleiros do goberno  (6 de 8 membros), provocou o desconcerto no oficialismo e a decisión de postergar a votación. A situación en minoría na que goberna o equipo do alcalde Fernando Guitián (P P) volve a provocar un revés ás propostas de acordo que leva ao pleno. Pola súa banda, os nacionalistas denuncian o dobre discurso do gobernante bipartito PP-CDL. Asegura o concelleiro Antonio Araújo que “pretendían aprobar definitivamente o orzamento municipal” argumentando que era “vital” para cumprir fines esencias. Sen embargo, cando a súa formación presentou a devandita enmenda, “ah sorpresa!, deciden deixar sobre a mesa esa asunto. Xa non é vital”, segundo relataba tras a culminación do pleno deste xoves pola noite. A votación dos orzamentos e a enmenda nacionalista deberá ser votada na próxima reunión plenaria.

Así, queda  agora incerto o futuro da xestión de importantes asuntos ordenados nos orzamentos como as partidas para pago de provedores, o remate das obras do Auditorio Municipal, e as subvencións ás entidades culturais, deportivas e veciñais entre outras.