Figuraban na orde do día do pleno do pasado xoves, e cando toucou debater os mesmos, o concelleiro nacionalista non adscrito, Pauliño del Río, volveu presentar unha enmenda para
rebaixar á metade os soldos dos 6 concelleiros de goberno con dedicación exclusiva. Inmediatamente o alcalde Fernando Guitián (PP) sinalou que a devandita enmenda debía contar cun informe dos técnicos municipais pola súa repercusión xurídica e económica. Polo que ao igual que na sesión de xullo, o proxecto quedou enriba da mesa.
"De aprobarse a enmenda quedarían aprobados os orzamentos coa rebaixa inmediata ao 50% das dedicacións do goberno", explicou o edil nacionalista Antonio Araújo. "Unha vez máis volveu quedar claro cales son as prioridades do goberno", salientaba logo da sesión.
Gondomar
Para evitar rebaixas nos soldos de goberno, postérganse por segunda vez os orzamentos de Gondomar.
9 a 8 : A oposición rexeita por unanimidade a aprobación inicial do PXOM de Gondomar.
Finalmente a aprobación inicial do PXOM de Gondomar foi rexeitada na votación do pleno. O proxecto contou co apoio dos 6 edís do PP e 2 do cogobernante CDL. Impúxose a maioría dos 9 concelleiros opositores e o documento deberá volver a estudo.
Tras máis de dúas horas e media de sesión e culminada a primeira rolda de intervencións os 9 concelleiros da oposición manifestan estar encontra do proxecto do PXOM presentado polo goberno de Gondomar (PP-CDL).
As principais críticas recaen na forma en que foi tramitado o documento, a falla de diálogo coa veciñanza, e innumerables pegas de orden técnico e da política urbanística que amosa o documento.
Os veciños de Gondomar preparan as catiuscas para unha nova temporada de inundacións
Os veciños de Gondomar preparan os baixos das súas casas e edificios no que parece ser xa o comezo dunha nova temporada de inundacións na vila.
Hoxe pola mañá desbordaba o río Morgadáns á altura do barrio de A Torre e todo facía prever que o entorno do CDL e o parque da Coelleira pronto aparecerían asolagados. A situación era similar no barrio de Moreira, nas fincas situadas á beria do río Miñor, onde as aguas xa entraron nalgunha delas.
O BNG convoca unha asemblea aberta en Gondomar dentro do proceso “Construíndo futuro”.
"Coa convocatoria de Asemblea Aberta para o vindeiro sábado 20 de setembro ás 20:30h na Casa da Cultura de Gondomar iníciase no noso concello o proceso Construíndo futuro impulsado polo BNG", sinalan dende a agrupación nacionalista.
Facenda "suspende" ao Concello de Gondomar en materia de estabilidade financeira
O Concello de Gondomar obtivo mala nota do Ministerio de Facenda en materia de cumprimento dos seus compromisos de estabilidade financeira. Gastou máis do que ingresou e gañouse un "non cumpre" do Ministerio na auditoría dos obxectivos estipulados pola Lei de Estabilidade Orzamentaria.
Nun informe revelado este xoves por Facenda, sinálase que a administración gondomareña rexistra un déficit de 697.562 euros correspondente á liquidación orzamentaria do ano 2013 e presentada en maio deste ano.
O goberno de Gondomar levará ao pleno da próxima semana, a aprobación inicial do PXOM
Será o vindeiro xoves 18 de setembro nun pleno convocado aos efectos de debater a aprobación inicial do planeamento urbanístico. O goberno adianta que presentará o mesmo documento que se ven traballando coa empresa redactora EPTISA, con entrada por rexistro no Concello o pasado mes de marzo. Documentación que fóra entregada no mes de abril ao resto da oposición, que ata de agora manifestou a súa desaprobación co mesmo. O debate terá lugar en 7 días nunha corporación na que o goberno atopase en minoría. Igualmente as autoridades de Gondomar adiantan a forma que regularán a suspensión de licenzas urbanísticas que nalgúns casos poden chegar aos dous anos.
Denuncian falla de mantemento do parque infantil do CRA de Chaín.
A zona de xogos do colexio público infantil de Chaín está cuberta de matos.
Así o atoparon este mércores as familias que levaron aos seus fillos no primeiro día do curso escolar.
O convenio para a xestión do lixo coa deputación provincial, ten que volver ao pleno de Gondomar.
O pasado 6 de febreiro deste ano, o pleno da corporación municipal de Gondomar cos votos favorables de PP-CDL-IxG, aprobou entregar a xestión dos RSU do concello á deputación provincial. Decisión que se tomou malia a ter os informes totalmente contrarios da Secretaría e Intervención municipais, segundo denunciara o grupo nacionalista en varias ocasións. Nese senso, a agrupación nacionalista presentou un recurso de reposición contra o devandito acordo, recurso que tiña que ser resolto no prazo dun mes polo propio pleno e que a día de hoxe aínda está sen resolver.
Medran as diverxencias sobre a solución final á seguridade peonil dos escolares de Peitieros.
A poucos días do inicio dos cursos o problema de seguridade na circulación peonil dos escolares do CEIP Neira Vilas segue sen unha solución final. Por unha banda os pais da ANPA reclaman dende outubro de 2013 a presenza da policía local para que controle o tráfico ás horas de entrada e saída dos cativos. Sen embargo, a concelleira de Educación, Paula Bouzós, afirma que a presenza permanente dos axentes non é posible polo número de efectivos dispoñibles, aínda que matiza, “sempre que poden concorren a Peitieiros”.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL