Mércores, 20 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O convenio para a xestión do lixo coa deputación provincial, ten que volver ao pleno de Gondomar.

O convenio para a xestión do lixo coa deputación provincial, ten que volver ao pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pleno setembro

O pasado 6 de febreiro deste ano, o pleno da corporación municipal de Gondomar cos votos favorables de PP-CDL-IxG, aprobou entregar a xestión dos RSU do concello á deputación provincial. Decisión que se tomou malia a ter os informes totalmente contrarios da Secretaría e Intervención municipais, segundo denunciara o grupo nacionalista en varias ocasións. Nese senso, a agrupación nacionalista presentou un recurso de reposición contra o devandito acordo, recurso que tiña que ser resolto no prazo dun mes polo propio pleno e que a día de hoxe aínda está sen resolver.

Neste senso, no pasado pleno celebrado de setembro, foi presentada una moción de urxencia polo concelleiro Pauliño del Río, no sentido de traer ao próximo pleno o recurso de reposición presentado en marzo. O motivo, segundo o explica o concelleiro nacionalista, Antonio Araújo, " xa sabemos que os novos informes da intervención e da secretaría municipais volven a ser contrarios ao devandito convenio, incluso nun deles destácase que se estás diante dun fraude de lei, a nosa pregunta é se a maioría de febreiro se vai repetir".

A situación dos traballadores

Outro capitulo aparte, sinalan os nacionalistas, é a situación dos traballadores que actualmente están contratados pola empresa que fai o servizo. "Se temos en conta que a GESECO remata definitivamente o seu contrato sen máis posibilidades de prorroga o vindeiro día 11 de novembro, e tendo en conta que a adxudicación a una nova empresa por parte da Deputación (60 días de publicación, constitución de mesas de contratación, informes, apertura de plicas, etc, etc) vai pasar a xaneiro ou febreiro do 2015. Daquela, que vai pasar con estes traballadores?, pasarán ao paro e polo tanto xa non serán subrogables?, pois segundo o convenio de adhesión di expresamente que no momento de adxudicarse a nova concesión serán subrogados os traballadores que estean contratados ata ese momento polas empresas que prestan o servizo".

VÍDEO