Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar En Gondomar a recollida de residuos sólidos e papel descende, mentres que a de vidro medra en 10 toneladas.

En Gondomar a recollida de residuos sólidos e papel descende, mentres que a de vidro medra en 10 toneladas.

Correo-e Imprimir PDF
colectores-lixo-gondomar

-As entradas no Punto Limpo (Vincios) incrementáronse nun 9% no último ano.

 

O Concello de Gondomar ven de analizar o informe da recollida de residuos e do Punto Limpo durante o 2012. Tras analizar os datos referidos advírtese que a recollida de residuos sólidos urbanos tivo un descenso de 134 toneladas, o que supón un 3% menos que o ano anterior.

Atendendo á recollida selectiva de vidro e papel, os datos sinalan un aumento de dez toneladas na recollida de vidro, pasando de 127 no ano 2011 a 137 en 2012. Por outra parte, a recollida de papel-cartón rexistrou un descenso en torno ás 50 toneladas. Dende a Concellaría de Medio Ambiente matizan que "este descenso non supón que os cidadáns estean a reciclar menos papel, senón que no último ano se sucederon continuas subtraccións destes residuos nos propios colectores".

No que ao Punto Limpo se refire as entradas nestas instalacións creceron nun 9% no 2012 ao que hai que sumarlle o 13% aumentado no 2011. Isto significa un incremento total do 22,5% nos últimos dous anos. As parroquias de Vincios e a zona urbana de Gondomar son as parroquias que visitan o punto limpo en máis ocasións, segundo o informe aportado polo concelleiro Juan Carlos González Comesella, responsable da área.