Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG reclama melloras na xestión de recollida e tratamento do lixo no concello de Gondomar.

O BNG reclama melloras na xestión de recollida e tratamento do lixo no concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O BNG de Gondomar presenta unha seria de medidas ante o Concello na procura dunha xestión máis eficiente da recollida do lixo. No escrito reclámase que antes do inicio do cobro do imposto do lixo, todas as vivendas de Gondomar conten á distancia establecida como máxima, de 150 metros, con dous contedores como mínimo, un de orgánicos (contedor verde) e outro de plástico (contedor amarelo), "xa que este é precisamente o maior volume de lixo que se produce actualmente nas vivendas". Ademais o BNG esixe que a recollida sexa diaria, sistemática e que se manteñan limpos os contedores e as zonas en que se atopen.


Así mesmo reclaman que todas as parroquias do Concello de Gondomar conten con, polo menos, tres illas en que se poida deitar todo tipo de lixo: orgánico, plástico, cristal e papel, e que nestas illas se inclúan tamén contedores de pilas " que, actualmente, non existen". Engaden que número de illas deberá ser incrementado no caso das parroquias máis poboadas. Nalgunha delas tamén se debería habilitar unha zona para restos vexetais e os inertes que se especifiquen, para o que se establecerá un calendario de depósito e recollida que estará debidamente anunciado na zona.
Solicitan tamén incrementar o número de puntos de recollida de aceite usado, "que no seu día chegaron estar nos centros culturais e/ou veciñais de cada parroquia".