Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG convoca unha asemblea aberta en Gondomar dentro do proceso “Construíndo futuro”.

O BNG convoca unha asemblea aberta en Gondomar dentro do proceso “Construíndo futuro”.

Correo-e Imprimir PDF

"Coa convocatoria de Asemblea Aberta para o vindeiro sábado 20 de setembro ás 20:30h na Casa da Cultura de Gondomar iníciase no noso concello o proceso Construíndo futuro impulsado polo BNG", sinalan dende a agrupación nacionalista.


Engaden que este proceso de "debate e contraste social" pretende ser un espazo de diálogo e participación aberto "a partir do cal contrastarmos e definirmos, con persoas e colectivos sociais e de forma aberta e asemblearia, os elementos ou eixos que entendemos chaves para dar resposta ás necesidades de mudanza política, en chave social e transformadora, no noso concello".
Agardan que este sexa o punto de partida "dun proceso que pretende ter continuidade no tempo e no que convidamos a participar ao conxunto das veciñas e veciños de Gondomar".