Axentes da Policía Local de Vigo, en colaboración coa de Gondomar, detiveron un home de 38 anos por supostamente golpear o noivo da súa exparella e ameazar a esta. Os feitos tiveron lugar na tarde do domingo, cando unha dotación del 092 achegouse ata a praia de Fuchiños (Canido), alertada de que se estaba producindo unha agresión, segundo detallan varias axencias.
Gondomar
Detido un veciño de Gondomar por agredir ao mozo da súa exparella en Canido
Eladio Costas advirte que o PXOM de Gondomar deixará 11 vivendas de Borrerios fóra da ordenación.
Gondomar ten un regato que descorre por unha estrada. Polo menos así sucede nun tramo de 230 metros na versión 2014 dos planos do PXOM de Gondomar que desprazaron a canle do regato da Grova uns 500 metros ao seu paso polo núcleo rural de Borreiros. O edil non adscrito Eladio Costas tras revisar e comparar a versión 2012 da cartografía coa recentemente entregada pola empresa Eptisa, denuncia que esta desviación traza agora un "caprichoso límite de edificación" que deixa agora 11 vivendas fóra da ordenación urbanística a pesar de non atoparse ao borde de ningunha canle.
#Gondomar: Presentan 4900 sinaturas ante o Concello rexeitando ás bandexas plásticas nos comedores escolares.
Un grupo de pais e nais do CEIP Souto-Donas entregaron este mediodía 4.900 sinaturas recollidas na campaña contra a utilización de bandexas plásticas nos comedores escolares. Tras o acto de entrega, mantiveron unha reunión coa concelleira Patricia Durán, responsable dos comedores escolares de Gondomar, quen comprometeuse a buscar alternativas no vindeira convocatoria de servizos de catering, comentaron os pais a VM.info . Unha posible estratexia sería premiar na licitación ás empresas que presenten outros materias substitutivos, caso das vaixelas de vidro atemperado ou de louza.
O cadaver descuartizado aparecido en Ponteareas podería ser dun veciño de Gondomar
Segundo varias axencias o corpo que apareceu troceado nun conxelador en Ponteareas podería pertencer ao narco venezolano José Jesús Isasis González, residente en Gondomar.
Está a exposición pública o censo municipal que regulará o pago da taxa do lixo en Gondomar.
A Deputación de Pontevedra entregou o novo padrón que estipulará o que cada veciño de Gondomar deberá pagar por concepto da taxa do lixo. A medida forma parte do proceso de recuperación da mesma que o bipartito PP-CDL emprendeu en 2012 tras trece anos sen cobrala, cando o ex alcalde Carlos Silva a eliminara. Entre os días 12 de xuño ao 13 de setembro estará a exposición pública. O horario será de mañá, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas e pola tarde, os martes e xoves, de 15.30 a 18.30 horas no Centro Neural para que cada interesado poda realizar as consultas ou reclamacións pertinentes.
O voto ponderado do alcalde permite sacar adiante as propostas do goberno no pleno de Gondomar.
A aprobación definitiva das ordenanzas fiscais, o plan económico financeiro (2014-2015) e mais a autorización da corporación para pagar máis de 100 mil euros en facturas atrasadas a provedores, foi o que conseguiu sacar adiante o bipartito (PP-CDL) nun pleno onde enfrontaba en minoría á oposición en bloque. A ausencia por problemas de saúde do edil Pauliño del Río (non adscrito), deixou ao goberno e oposición con 8 concelleiros cada un. Polo que o voto ponderado do rexedor Fernando Guitián, inclinou a balanza a favor das iniciativas do goberno.
Paco Ferreira e Antonio Araújo enfróntanse no pleno de Gondomar e nas redes
Un duro enfrontamento viviuse este xoves no pleno de Gondomar entre os portavoces Paco Ferreira (PSOE) e Antonio Araújo (Nacionalista non adscrito) cando o socialista afirmou que o goberno en minoría (PP-CDL) estaba a gañar as votacións grazas a unha nova ausencia do edil nacionalista Pauliño del Río a unha sesión. A resposta de Araújo foi dura e contundente e reproboulle a Ferreira a súa actitude, sabendo que del Río estaba sendo atendido nese intre por unha emerxencia médica.
#Gondomar: Os refachos provocan a caída dunha rama que corta o paso peonil na Ponte de Rosas.
Por mor dos refachos deste xoves unha rama de abundante follaxe está a obstruír a pasaxe peonil na Ponte de Rosas . O incidente está a provocar inconvenientes aos viandantes que utilizan este transitado paseo polo río Miñor que une a Paradela (centro da vila) coa zona de Campo da Feira e as parroquias de Mañufe e Vilaza. Sendo a única ponte que cruza o río a esa altura, as persoas que non atopan aviso algún cando emprenden o percorrido polo paseo deben dar a volta no medio da treboada e circunvalar pola Avenida Elduayen cara á Avenida Campo da Feira.
A aplicación das normas urbanísticas do plan do ’91 permite a Gondomar outorgar 60 licenzas de obra no 2014.
No que vai de ano, o Concello de Gondomar concedeu un total de 60 licenzas, entre obras maiores e menores, segundo informa o concelleiro de Urbanismo, Carlos Lameiro. O edil sinala que a validación, no ano 2012, da aplicación da reviviscencia das normas urbanísticas do plan do '91 sobre a delimitación de núcleos, "fixo posible afianzar a plena validez xurídica das licenzas que a partir de entón, e amparadas na reviviscencia das devanditas normas, concédanse aos veciños e veciñas de Gondomar".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL