Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar O cadaver descuartizado aparecido en Ponteareas podería ser dun veciño de Gondomar

O cadaver descuartizado aparecido en Ponteareas podería ser dun veciño de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Fachada do edificio onde apareceu o cadáver

Segundo varias axencias o corpo que apareceu troceado nun conxelador en Ponteareas podería pertencer ao narco venezolano José Jesús Isasis González, residente en Gondomar.

Isasis desaparecu da vivenda, segundo denunciara a súa irmá. O narco fora condenado a nove anos de prisión por un alixo de 4 toneladas de cocaína en 2008 nunha operación do Servizo de Vixilancia Aduaneria que saldouse cun total de 15 detidos, entre os que se atopaba o narco venezolano que non entrara en prisión alegando problemas de saúde mental.

Os forenses aínda non o identificaron oficialmente ao non poder tomárselle as huellas dixitais dado que o corpo aparecido segue aínda conxelado.  A Garda Civil prosegue a procura do cidadán paraguaio José M.A. que arrendou o piso onde se achou o corpo e que se atopa en paradero descoñecido.