O goberno municipal de Gondomar negouse a suspender o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións presentada por contribuíntes que alegan non ter conexión á rede municipal ou recibir por duplicado a tarifa trala actualización do padrón realizada pola concesionaria Espina y Delfín
Gondomar
Gondomar non suspende o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións ao novo padrón .
O alcalde de Gondomar négase a comparecer ante o pleno polo caso da suspensión das oposicións á policía local.
Oficialismo e oposición empataban en votos no pleno ante a ausencia do edil nacionalista Emilio Crego. A pesar de soster no debate que o goberno non tiña nada que ocultar sobre os motivos que levaron á suspensión "provisional" o pasado 25 de novembro das oposicións para a policía local de Gondomar, o rexedor Fernando Guitián finalmente fixo valer o seu voto de calidade para non someterse á comparecencia que demandaba unha moción do edil nacionalista Pauliño del Río.
VIDEO | Retiran un enxame de avespa velutina en Vilariño
A manobra non foi doada polas dimensións do enxame e a altura da que penduraba.
Unha grúa do Concello de Nigrán deu servizo aos dous operarios que procederon primeiro a fumigalo para logo comezar a súa retirada.
A operación de retirada complicouse polo tamaño do niño que era maior ao diámetro do saco no que tiña que ser depositalo.
Comezaron as obras de ampliación de beirarrúas e novos aparcadoiros nas inmediacións do CDL de Gondomar.
O Concello de Gondomar inicia as obras do novo aparcadoiro que se situará nas inmediacións do Centro de Desenvolvemento Local (escolas vellas) grazas a unha subvención concedida pola Deputación provincial de 229.000 euros que permitirá á súa vez a urbanización e ampliación das beirarrúas da rúa Diego Sarmiento de Acuña.
O goberno municipal sinala que "cumpre así cun dos puntos incluídos no seu programa electoral" e que permitirá reordenar o tráfico no centro urbano "e favorecer a futura humanización do municipio ao fomentar o tránsito peonil polo casco urbano".
Nacionalistas ven comprometida a transparencia das probas de admisión para a policía local de Gondomar trala renuncia das técnicas municipais do tribunal cualificador.
Dende a agrupación nacionalista de Gondomar denuncian que por razóns aínda descoñecidas a Interventora e mais a Secretaria Técnica do Concello renunciaron ao tribunal cualificador encargado de realizar as probas aos postulantes para cubrir dúas prazas vacantes da Policía Local. Engaden que isto levou a unha suspensión provisional desta oposición que debía terse desenvolvido o pasado xoves 27 de novembro. Atranco que ten en vilo a 139 persoas que foran admitidas nas probas e levan meses preparándoas. Afirman que non é a primeira vez que se producen “incidencias” nos procesos selectivos na Policía local de Gondomar, “xa en anteriores ocasións para a escolla dos Auxiliares da Policía Local, houbo dimisións ou mesmo aspirantes aprobados con posterioridade á entrada en vigor dos contratos e cando xa se empezara a traballar”, afirma o edil Pauliño del Río.
Tres persoas feridas tras choque múltiple de turismos na rotonda de entrada a Gondomar.
Sobre as 15 horas deste luns un turismo que iniciaba a circunvalación da rotonda de entrada a Gondomar foi impactado de atrás por outro que circulaba na mesma dirección Ramallosa - Gondomar.
Actualización: Tralas primeiras informacións púidose saber que o accidente na rúa Elduayen en Gondomar involucrou a tres turismos. O condutor dun Seat Ibiza perdeu o control do coche por causas descoñecidas dando por detrás a un Renault Laguna e posteriormente a un Peugeot 306 a quen desprazou unha ducia de metros.
Os tres condutores involucrados recibiron feridas leves que obrigaron ao seu traslado a un centro sanitario de Vigo.
VIDEO | Cabalos con pexas nos montes de Gondomar.
Acompañado por outros tres exemplares, un garrano coas patas trancadas desprazábase con gran dificultade no monte de Peitieiros, na zona por riba do curro vello.
Un veciño atopouse cos cabalos o pasado domingo mentras transitaba pola zona e decidiu grabalos para denunciar o feito.
Os incendios de 2006 deixaron centos de exemplares mortos en Galicia calcinados polas chamas ante a imposibilidade de fuxir do lume.
O novo derrube dunha árbore na estrada agrava a problemática na contorna ao pazo do Conde de Gondomar.
Unhas ramas de grandes dimensións caeron na mañá do sábado sobre a estrada e o alumado público dende a finca do pazo do Conde de Gondomar. O incidente provocou o peche do camiño de Posadas durante algunhas horas, obrigando á policía local a desviar o tránsito para que operarios do concello as retiraran. O suceso alarmou unha vez máis a veciños da contorna, que segundo denuncia o portavoz socialista, Paco Ferreira, manifestáronlle estar moi asustados pola reiteración destas incidencias. Feitos que ten denunciados á administración local e que segundo o edil de Medio Ambiente, Juan Carlos González, xa obran nun expediente urbanístico.
Gondomar acomete a limpeza de pasamáns e pontes afectadas polo musgo.
A humidade que está a encher de musgo os pasamáns e pontes de madeira da vila están a ser obxecto de limpeza por parte do Concello de Gondomar. Así o anuncia a concellaría de Vías e Obras que sinala que por mor destes traballo paralizou momentaneamente as obras de acondicionamento de marquesiñas que desenvolveu nas últimas semanas.
Engaden dende a administración local que esta semana finalizará a limpeza de parques infantís, entre eles o do Campo da Feira, "xa que, a pesar do tratamento aplicado á madeira no verán, as condicións climatolóxicas características desta época do ano provocan a aparición de verdín".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL