O BNG de Gondomar esixe do Concello que proceda a realizar o arranxo de varios xogos dos parques Infantís, especialmente os da Coelleira. Denuncian que "están deteriorados e poden dar lugar a algún tipo de accidente". Engaden que varios dos xogos non están debidamente ancorados ao chan ou están rotos e en malas condicións de conservación, "polo que non están nas mellores condicións para seren usados polos pequenos e pequenas. Estes feitos poden derivar en que haxa algunha incidencia cos cativos que os usan".
Gondomar
O BNG esixe ao Concello de Gondomar o arranxo e coidado dos xogos dos parques infantís.
Un derrube “provocado” de rochas esperta alarma ante o inicio dos cursos no CEIP Chano Piñeiro.
Varias pedras de gran porte apareceron espalladas na senda peonil dos accesos ao colexio Chano Piñeiro de Gondomar. A escena alarmou a membros da ANPA Pousa de Fontán do citado centro que procederon a denunciar o perigo destes desprendementos de producirse nun día de clases. Consultada Paula Bouzós, concelleira de Educación de Gondomar, explicou que tratábase dunha intervención do Concello sobre unha zona dos accesos ca fin quitar as rochas antes que caeran por mor das previsibles choivas. A intervención comezou o día martes e necesitou de dúas xornadas de traballo. A ausencia de carteis ou sinalización das obras provocou o mal entendido entre a ANPA e o Concello de Gondomar.
O Círculo Podemos Gondomar convoca a unha asemblea aberta no Centro Neural da vila.
A Comisión de Coordinación do Círculo Podemos Gondomar convoca unha asemblea aberta, para o xoves día 4 de setembro as 20 horas, no Centro Neural da vila.
A Deputación completa o financiamento da reforma do Auditorio Municipal de Gondomar.
A Deputación achega 82 mil euros para rematar as obras do Auditorio Municipal de Gondomar. Exactamente 82.220,94 euros, que terán por obxecto o financiamento dos traballos de "ampliación do escenario e á remodelación dos camerinos e aseos" segundo dá a coñecer o organismo provincial este luns 1 de setembro. Os fondos pertencen ao denominado Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM), posto en marcha en marzo pasado.
Liberan dous garranos en Morgadáns tras breve “xeira turística” no barrio de Hervillás.
Égua e poldro baixaron días atrás dende o Galiñeiro por motivos descoñecidos. Fame? Susto? Quen sabe, tal vez por pura aventura destes habitantes milenarios da serra que aínda pastan ceibes sen conciencia das limitacións territoriais e administrativas. Ficaron na finca dun bo veciño de Hervillás, ao que lle estragaron boa parte do seus cultivos. Este, aínda as perdas ocasionadas, deulles refuxio durante varios días e deu aviso á Garda Civil. O venres presentáronse o concelleiro de Gondomar, Juan Carlos González Camesella xunto a efectivos da policía local e un camión de gando que os transportou cara a Morgadáns e liberou no monte.
Veciños denuncian a presenza dun vertido incontrolado de “augas negras” sobre o Río Morgadáns.
Veciños de Chaín denuncian un vertido de grandes proporcións de “augas negras” á altura da ponte do barrio de A Torre. Unha tubaxe que vai directamente á canle do río Morgadáns está a botar inxentes cantidades de augas residuais dende fai un ano, segundo informan dende o lugar (ver galería de imaxes). “O cheiro tírache para atrás”, sinala indignada unha das afectadas quen ademais amosa o cartel da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar onde con data decembro de 2012, se dá conta dunha intervención para a “Protección e conservación da calidade das augas no Río Morgadáns mediante reparación e cambios de equipos para o correcto funcionamento e aumento do caudal de bombeo de augas residuais en Chaín”. Obra cuxo investimento alcanzou os 38.455,41€. O cartel está situado xusto nas inmediacións do verquido.
Gondomar ofrece durante catro días o evento gastronómico “Las tapas del Conde”.
Dende este xoves os veciños e visitantes poderán gozar dunha ampla variedades de tapas a un custe de 2 euros. Dezaseis establecementos ofertarán entre outros pratos , o pincho mariñeiro, ás de polo 'ao allo"e o polbo con gambas. A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual conde de Gondomar. Os que desexen participar para elixir a mellor tapa deste 2014 deberán adquirir unha tarxeta, dispoñible nestes 16 establecementos, na que puntuarán ás distintas tapas. Ademais, entre os participantes que consuman, polo menos, catro tapas nestes establecementos, sortearanse un xamón ibérico Dehesa de Extremadura, un lacón Ibérico Dehesa de Extremadura e unha caixa de viños (3 botellas Reserva Viña Ardanza e 3 botellas Alberdi Crianza).
Eladio Costas pide ao Concello que dialogue cos afectados pola senda peonil Morgadáns-Gondomar.
O edil denuncia que aínda está pendente o diálogo e consenso cos veciños afectados pola senda peonil que a Deputación prevé construír na estrada que une Gondomar con Morgadáns pasando por Chaín (EP 2302). A pesar que a obra foi declarada urxente en 2011 polo perigo que corren os viandantes que a transitan, Eladio Costas critica que o goberno municipal leva ata 5 anuncios da súa próxima construción sen que ata de agora se coñeza acordo algún coas persoas cuxos terreos se verán afectados pola intervención. O concelleiro teme que tanto anuncio oficial se converta nun chantaxe e detrimento do debido diálogo cos afectado polo trazado da senda.
Eliminados dous niños de avespa asiática localizados en Gondomar
-Os niños estaban situados en Mañufe e no barrio de Toucido
- No pasado mes de xuño, o Concello xa procedeu a retirada dun niño deste tipo de avespa
Operarios da empresa pública Tragsa procederon, coa colaboración dos bombeiros e do Concello de Gondomar, á retirada de dous niños de avespas asiáticas situados en Mauñufe e no barrio de Toucido.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL