Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Eladio Costas pide ao Concello que dialogue cos afectados pola senda peonil Morgadáns-Gondomar.

Eladio Costas pide ao Concello que dialogue cos afectados pola senda peonil Morgadáns-Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O edil denuncia que aínda está pendente o diálogo e consenso cos veciños afectados pola senda peonil que a Deputación prevé construír na estrada que une Gondomar con Morgadáns pasando por Chaín (EP 2302). A pesar que a obra foi declarada urxente en 2011 polo perigo que corren os viandantes que a transitan, Eladio Costas critica que o goberno municipal leva ata 5 anuncios da súa próxima construción sen que ata de agora se coñeza acordo algún coas persoas cuxos terreos se verán afectados pola intervención. O concelleiro teme que tanto anuncio oficial se converta nun chantaxe e detrimento do debido diálogo cos afectado polo trazado da senda.