Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Eliminados dous niños de avespa asiática localizados en Gondomar

Eliminados dous niños de avespa asiática localizados en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
retirada nido

-Os niños estaban situados en Mañufe e no barrio de Toucido
- No pasado mes de xuño, o Concello xa procedeu a retirada dun niño deste tipo de avespa
Operarios da empresa pública Tragsa procederon, coa colaboración dos bombeiros e do Concello de Gondomar, á retirada de dous niños de avespas asiáticas situados en Mauñufe e no barrio de Toucido.

O niño existente en Mañufe foi retirado na súa totalidade, segundo informa o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella. Para iso empregouse unha grúa de bombeiros de 30 metros de alcance. En canto ao niño situado no barrio de Toucido, Camesella apunta que este foi fumigado e que se realizará un seguimento deste.
Concello de Gondomar xa procedeu á retirada dun niño de avespa asiática o pasado mes de xuño. O niño, encontrado no barrio de Toucido, encontrábase nun terreo nas proximidades dunha casa habitada. Tras seguir todo o protocolo, operarios retiraron o niño con éxito e instalaron, ademais, unha trampa para a detección de máis exemplares.