A manobra non foi doada polas dimensións do enxame e a altura da que penduraba.
Unha grúa do Concello de Nigrán deu servizo aos dous operarios que procederon primeiro a fumigalo para logo comezar a súa retirada.
A operación de retirada complicouse polo tamaño do niño que era maior ao diámetro do saco no que tiña que ser depositalo.
Enfundados traxes de protección e máscaras, dous traballadores alcanzaban o enxame en altura auxiliados por unha terceira operaria dende terra nas manobras da grúa. Finalmente puideron alcanzar con éxito o enxame e retirar a colonia desta especie invasora que ataca as colmeas de abellas autótonas.
A operación foi rexistrada por Xilberte Manso de la Torre, membro do Instituto de Estudos Miñoranos e SOS GROBA, quen sufriu o ataque dunha das avespas pese a atoparse a máis de cen metros do lugar.
“Estamos ante outra bioinvasión preocupante e que está tendo xa efectos económicos na bisbarra, matando colmeas de abellas e afectando as froitas”, sinalaba Manso a este medio.
A presenza de niños de avespa asiática (Vespa velutina nigritorax) no Val Miñor foi denunciada por membros da Comunidade de Montes Santa Cristina de Sabarís no verán de 2012.
O técnico forestal e portavoz do BNG de Baiona, Iago Pereira e o apicultor local Moncho, foron quenes deron a voz de aviso en 2012 e 2013, logo de sinalar a presenza desta clase de avespa na zona do Sopegal.
VIDEO realizado por Xilberte Manso