Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG esixe ao Concello de Gondomar o arranxo e coidado dos xogos dos parques infantís.

O BNG esixe ao Concello de Gondomar o arranxo e coidado dos xogos dos parques infantís.

Correo-e Imprimir PDF
parque-a-feira-gondomar

O BNG de Gondomar esixe do Concello que proceda a realizar o arranxo de varios xogos dos parques Infantís, especialmente os da Coelleira. Denuncian que "están deteriorados e poden dar lugar a algún tipo de accidente". Engaden que varios dos xogos non están debidamente ancorados ao chan ou están rotos e en malas condicións de conservación, "polo que non están nas mellores condicións para seren usados polos pequenos e pequenas. Estes feitos poden derivar en que haxa algunha incidencia cos cativos que os usan".

Ao mesmo tempo o BNG reclama "o debido coidado" das zonas de uso infantil. Afirman que "non é a primeira vez que o Concello desatende o coidado dos parques de Gondomar, o que vai en detrimento do seu uso". Reiteran que para o BNG o coidado dos parques de xogos para os nenos e nenas "é unha cuestión importante, pois consideramos que é unha obriga do Concello ofrecer espazos de lecer para todas as idades e nomeadamente para as e os máis pequenos".
O BNG anuncia que presentará o petitorio por escrito ao Concello para que realice estes traballos.