O círculo Podemos-Gondomar ofrece unha charla sobre política municipal este xoves 5 de febreiro ás 19:30 horas no café Rañolas.
Gondomar
Gondomar: Cinco detidos “in fraganti” cando intentaban furtar vigas dunha finca.
Nunha operación conxunta da Garda Civil e a Policía Local de Gondomar, foron detidos cinco individuos como presuntos autores dun delito de furto de vigas de ferro no interior dunha finca. Segundo o parte das autoridades, estas persoas se encontraban no interior dunha finca do municipio cunha furgoneta marca MERCEDES BENZ en cuxo interior había once vigas de ferro duns 2 metros de lonxitude por 0'25 de ancho. Atoparon tamén diverso material utilizado para o corte das mesmas como: soprete, soldador, dos bombonas, unha de gas butano e outra de gas acetileno, comprobándose seguidamente que as vigas procedían do material depositado na finca.
A modelo e presentadora de TV Silvia Jato será a pregoeira no Entroido de Gondomar.
Así informa o díptico difundido dende a concellaría de Festexos de Gondomar co programa de actividades cara o Entroido 2015. Silvia Jato terá a cargo o pregón que dará inicio ao desfile central pola vila condal o vindeiro domingo 15 de febreiro e estará acompañda polo trío Azar que amenizará a velada. Nese senso, o Concello ten abertas as inscricións para as comparsas que desexen participar no desfile que dará comezo ás 16 horas
A Aula de Teatro de Gondomar procura novos integrantes.
Tras máis de catro anos de actividade a Aula de Teatro que coordina a Concellaría de Xuventude de Gondomar procura novas incorporacións para o seu elenco. Por iso fai un chamado a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos que desexen formarse "no mundo do teatro" e pasar "un bo rato" todos os martes de 18:30 a 20:30 horas. A actividade é totalmente gratuíta e os interesados ten a disposición o teléfono 986369746 ou a web do concello para informarse.
A Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar elixirá nova directiva.
Este venres 9 de xaneiro ás 20 horas reunirase a Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar no Centro Cultural de Vincios. En asemblea se elixirá a nova xunta directiva entre as persoas "presentes e voluntarias", até completar o previsto nos estatutos. A orde do día inclúe outros puntos como a "Revisión da situación legal da entidade", "Accións levadas a cabo" e "Perspectivas e accións de futuro".
Entidades solidarias alegraron a noite de Reis a decenas de fogares de Gondomar.
Só a campaña "Elfos y Calcetines" achegou obsequios a 78 crianzas do concello, segundo deu a coñecer este xoves Patricia Durán Pérez, concelleira de Benestar Social. Esta entidade solidaria coordinada pola mosense Lala Doniz, leva tres anos desenvolvendo unha rede de "elfos" no sur de Galicia. Son persoas e entidades que apadriñan un "calcetín", que chegará a mans dos nenos e nenas que previamente achegaron unha carta coa solicitude.
O PP rexeita tres inciativas sociais para Gondomar presentadas polo BNG como enmenda aos orzamentos da Xunta.
Gondomar terá que seguir agardando pola segunda escola infantil, a senda peonil sobre a estrada Couso-Vincios e a ampliación do comedor escolar de Peitieiros. A decisión do PP de aprobar en solitario os orzamentos 2015 da Xunta de Galicia, sen aceptar ningunha enmenda, deixou fóra de posibilidades estas tres iniciativas presentadas polo BNG ao parlamento.
Dende filas nacionalistas sinalan que a pesar que os contidos das enmendas son " de gran demanda social en Gondomar", e que o PP " tamén goberna no concello", os populares optaron por impor a súa maioría absoluta sen acceder " ao diálogo e á mellora do orzamento presentado".
Podemos- Gondomar debate as fórmulas cara a unha “candidatura de unidade popular”.
O círculo Podemos de Gondomar reunirase este martes 23 de decembro para debater a fórmula para acadar unha "esa candidatura de unidade popular que sexa capaz de desbordar o inoperante taboleiro político vixente e recuperar para a xente a súa capacidade de decidir". Adiantan que non concorrerán ás municipais de 2015 como partido mais impulsarán "impulsar unha candidatura de unidade popular, construída de abaixo a arriba, sen exclusións, con ampla participación veciñal na designación dos candidatos e candidatas a través dunhas eleccións primarias e cun programa político, elaborado colectivamente, que garanta as transformacións desexadas de operatividade, consenso, participación e transparencia".
Entidades veciñais de Gondomar procuran reactivar un espazo de defensa común.
O problema do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar será un dos principais motores para reactivar a Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar. Un espazo constituído en 2007 co fin de facer unha fronte común ante os problemas que podían afectar a cada un dos seus membros. Será este venres 12 de decembro no Centro Cultural de Chaín a partir das 20 horas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL