Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas aberto por Augas de Galicia sobre o río Miñor a carón do edificio "As Garzas" na rúa Curros Enríquez, no centro de Gondomar.
As protestas veciñais pola afectación medio ambiental da infraestrutura foron atendidas pola nova corporación do socialista Francisco Ferreira, quen concorrerá persoalmente a supervisar os traballos o vindeiro venres.
Gondomar
Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas de Gondomar sobre o río Miñor.
Esgótanse en 48 horas as prazas para visitar en agosto o Pazo do Conde de Gondomar.
Hoxe tivo lugar a primeira delas, con total de 50 visitantes. O concelleiro de Turismo local, Josué Villar estuda incrementar as saídas aos meses de setembro e outubro. Boa parte da demanda provén de veciños do municipio segundo fontes da concellaría.
Os alcaldes de Vigo e Gondomar instan á Xunta a reformar a lei de area metropolitana "o antes posible"
O abastecemento de auga e o transporte metropolitano centraron a reunión mantida entre os alcaldes Abel Caballero (Vigo) e Francisco Ferreira (Gondomar), o pasado venres. Segundo deron coñecer aos medios, acordaron que a lei de área metropolitana debería reformarse o antes posible. Durante o encontro que mantiveron esa mañá, ambos mandatarios coincidiron ao cualificar a reunión de moi "satisfactoria."
O Concello retoma as visitas guiadas ao Pazo do Conde de Gondomar.
Xa están abertas as inscricións para a primeira delas que será o vindeiro martes de agosto ás 17:30 horas. O paseo de aproximadamente unha hora será guiado por persoal da oficina de turismo local. Os interesados en inscribirse deben dirixirse á Oficina de Turismo (Avenida da Feira) ou no Centro de Desenvolvemento Local (colexio vello) de 10 a 14 horas. Tamén no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e nos teléfonos 608048978 ou 616633273. Hai un límite de 40 prazas e a inscrición pecha o luns ás 14 horas. Actividade gratuíta.
Cervexas e produtos artesanais centran a oferta gastronómica e cultural de #Gondomar.
Este venres ás 17 horas terá lugar na praza da Alameda a inauguración da II Feira de Cervexa Artesanal que organiza a federación de artesáns en coordinación co Concello de Gondomar.
O evento instalará postos para desgustar variedades de cervexas artesás e especialidades gastronómicas.
A partir do sábado e até o domingo se instalará tamén na vila a III Feira de Artesanía e Mostras de Oficios Tradicionais. O encontro propón obradoiros e demostracións de traballos en cerámica, vidro, madeira, cestería, cantería, ourivaría e zamanqueiría.
Unha noite de vandalismo asolou #Gondomar
As imaxes, publicadas polo alcalde de Gondomar nas redes presentan un panorama desolador: cadeiras da terraza dunha cafetería nas canles do Miñor, as farolas recentemente colocadas no parque da Coelleira cos cristais desfeitos restos de lixo espallados polas zonas verdes. "Necesitamos maior presenza policial" reclamaba o rexedor socialista Francisco Ferreira. Os feitos tiveron lugar na madrugada do venres pasado, segundo da conta o alcalde.
O alcalde de #Gondomar comprométese a manter os apoios ao programa de acollida aos cativos saharauís
Así o fixo coñecer Henrique Porte, delegado no Val Miñor da ONG Solidariedade galega co pobo saharauí (SOGAPS), tralo encontro mantido a semana pasada co rexedor. A mesma desenvolveuse nunha merenda coas familias de acollida e os nenos e nenas saharauís, na que tamén estivo presente Rocío Cambra, responsable de Benestar Social no actual tripartito que goberna o municipio.
Merenda compartida en #Gondomar cos cativos saharauís.
Hoxe os pequenos saharauís que visitan o Val Miñor no programa Vacacións en Paz, gozaron dunha merenda compartida en Gondomar. Os acompañaron as familias acolledoras, membros do programa e Rocío Cambra, concelleira de Benestar Social e Francisco Ferreira, alcalde municipal.
Supervisan os traballos de saneamento no barrio de Lousado en Borreiros. #Gondomar
O alcalde Francisco Ferreira e mais a responsable de Vías e Obras, visitaron este venres o barrio de Lousado onde se está a levar adiante traballos de saneamento.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL