Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar Esgótanse en 48 horas as prazas para visitar en agosto o Pazo do Conde de Gondomar.

Esgótanse en 48 horas as prazas para visitar en agosto o Pazo do Conde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pzo conde visita

Hoxe tivo lugar a primeira delas, con total de 50 visitantes. O concelleiro de Turismo local, Josué Villar estuda incrementar as saídas aos meses de setembro e outubro. Boa parte da demanda provén de veciños do municipio segundo fontes da concellaría.

Medio centenar de persoas visitaron este martes as históricas murallas do pazo do conde de Gondomar. Guiados por persoal da Concellaría de Turismo local, transitaron polos xardíns, recintos, fachadas e torretas desta construción medieval orixinaria da familia Sarmiento e que acollera a Diego Sarmiento de Acuña, I conde de Gondomar.

O continxente esgotou as prazas dispoñibles para esta saída. A demanda tralo anuncio do reinicio das visitas tamén rematou por esgotar as prazas ofertadas para os días 27 e 31 de agosto .

A Concellaría de Turismo Local avanzou este mediodía a VM.info que traballa na coordinación de novas visitas para os meses de setembro e outubro das que comunicará detalles nos vindeiros días.