Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

O próximo xoves instálase a revisión da ITV móbil en #Gondomar para maquinaria agrícola.

Correo-e Imprimir PDF

maquinaria-agricola-segunda-manoO vindeiro xoves 13 de agosto, de 9 a 13:30 horas estará dispoñible a revisión para ITV de maquinaria agrícola. A mesma estará instalada xunto ao campo de fútbol de A Pasaxe no polígono industrial de Vincios. Pode solicitarse cita previa na web da empresa sycitv.com

#Gondomar estrea as novas pistas de tenis de As Cercas

Correo-e Imprimir PDF

pistas tenis gondoSerá coa disputa do 7º Open de Tenis Concello de Gondomar, que con máis de 100 competidores dará inicio na mañá do luns. As pistas recentemente rematadas e acondicionadas serán a sede destes xogos organizados polo Club de Tenis Gondomar.

Noite de ska e música balcánica co concerto The Turre’s Band na Alameda de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

turresbandA banda orixinaria en Mos e creadora de "Sanja Samba", "Muñeira Ska" ou "Mundo Cocek" subirá ao escenario municipal da Alameda este sábado 8 de agosto ás 22:30. The Turre's Band está composta por unha ducia de músicos que mesturan instrumentos de vento e percusións para dar ás súas composicións un cheiro balcánico inda que sen perder o "sotaque" local.

O mestre Manuel Olegario e a súa acordeón todos os venres no Pazo da Escola de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

pzo da escolaEnriba do barrio de Moreira, fronte ao campo de festas e o mociño que vixía dende a cruz de San Vicente, a acordeón de don Manuel Olegario Rodríguez Escudero poderá ser escoitada. A cita é para os venres de agosto de 20 a 21:30 nos históricos xardíns do Pazo da Escola, sobre a estrada Rogelio de la Granja. A xente da Escola pon petiscos e frautas a prezos populares.

#Gondomar : A orquestra Panorama pechará as festas do Santo en Santa Baia de Donas.

Correo-e Imprimir PDF

orquetra panoramaA parroquia de Donas pechará agosto coas tradicionais festas na honra do "Doce nome de Xesús: O Santo". Xogos pirotécnicos, pasarrúas e verbenas acompañarán os actos relixiosos.

As bandas musicais de Mougás e Belesar animarán as celebracións matinais do sábado e domingo. Os festexos darán comezo o venres 28 e rematarán na noite do luns 31 coa actuación da popular orquestra Panorama.

#Gondomar : Cursos de Zumba e Ioga aos pés da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

galinheiro osalgueiralAté o vindeiro xoves 20 de agosto hai tempo par inscribirse nas aulas de zumba e ioga que organizará a Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios. Os cursos, a impartirse no Centro Cultural de Vincios, contan cunha subvención da Deputación de Pontevedra e teñen as prazas limitadas. Os interesados deben comunicarse ao teléfono 986469692 de 9 a 13 horas. Tamén a través do enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

#Gondomar: San Roque de Morgadáns acolleu unha colorida concentración de vehículos clásicos.

Correo-e Imprimir PDF

coches clasicos2Ducias de vehículos clásicos déronse cita este domingo en San Roque de Morgadáns. Dende as 11 da mañá foron desfilando pola contorna co recinto de festa de San Roque como punto final.

Confraternidade policial abre as portas á recuperación da irmandade dos #Gondomar de Galicia e Portugal.

Correo-e Imprimir PDF

policias gondomares-Policías de #Gondomar dos dous lados da "raia" viviron unha xornada de confraternidade.

Tamén son "gondomarenses" mais fican na Rexión Norte do Distrito do Porto, onde vixían o municipio de Gondomar, de 133 mil m² e 26 mil habitantes. Este sábado percorreron os próximo a 150 quilómetros que separan a estes dous concellos de igual nome, inda que a cada lado da fronteira para pasar unha xornada de confraternidade cos homónimos galegos.

As aulas de técnicas hipopresivas acadaron medio centenar de participantes en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

clase-hipopresivos-gondomarO pasado 30 de xullo, tiveron lugar en Gondomar dúas actividades organizadas por Low Pressure Fitness: "Conferencia Internacional sobre Técnicas Hipopresivas e Clase Práctica ao aire libre de Técnicas Hipopresivas".

As actividades leváronse a cabo no Centro Neural de Gondomar e asistiron ao redor de 50 persoas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL