Será coa disputa do 7º Open de Tenis Concello de Gondomar, que con máis de 100 competidores dará inicio na mañá do luns. As pistas recentemente rematadas e acondicionadas serán a sede destes xogos organizados polo Club de Tenis Gondomar.
A obra contou cunha achega de 60.494 da Deputación de Pontevedra, xestionada durante a administración do popular Fernando Guitián.
O complexo que formará parte das infraestruturas exteriores do Pavillón de Deportes Municipal, achega así unha infraestruturas moi reclamadas neste concello polos afeccionados ao tenis.