Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O mestre Manuel Olegario e a súa acordeón todos os venres no Pazo da Escola de Mañufe.

O mestre Manuel Olegario e a súa acordeón todos os venres no Pazo da Escola de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF
pzo da escola

Enriba do barrio de Moreira, fronte ao campo de festas e o mociño que vixía dende a cruz de San Vicente, a acordeón de don Manuel Olegario Rodríguez Escudero poderá ser escoitada. A cita é para os venres de agosto de 20 a 21:30 nos históricos xardíns do Pazo da Escola, sobre a estrada Rogelio de la Granja. A xente da Escola pon petiscos e frautas a prezos populares.

Este venres 7 anuncian unha tardiña especial dedicada aos bocadiños, con diferentes pans e recheos. A entrada é de balde, e o prezo do bocadiño e máis unha cervexa, refresco o copa de viño é de 3,50 euros.