O pasado 30 de xullo, tiveron lugar en Gondomar dúas actividades organizadas por Low Pressure Fitness: "Conferencia Internacional sobre Técnicas Hipopresivas e Clase Práctica ao aire libre de Técnicas Hipopresivas".
As actividades leváronse a cabo no Centro Neural de Gondomar e asistiron ao redor de 50 persoas.
Desde Low Pressure Fitness agradecen ao Concello de Gondomar, especialmente, ao seu alcalde, Paco Ferreira polo apoio para ambas actividades formativas e divulgativas.
Sinalan que para as súas accións de difusión das Técnicas Hipopresivas é fundamental o apoio das institucións e administración pública que avalan en gran medida os beneficios que para a saúde e o benestar das persoas aporta esta metodoloxía.
Salientan que a administración facilitou medios e recursos, "separadamente de brindarnos o seu respaldo, para que as nosas actividades chegasen á cidadanía e poder así difundir mellor o noso traballo", afirman nun comunicado público.
Tamén agradecen ás persoas que participaron das actividades desenvolvidas na vila