Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Multas de até 6.000 € para quen faga pintadas ou coloque carteis sen autorización en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

paco ferreira despacho-Gondomar quere erradicar as pintadas e cartelería en mobiliario público ou privado sen as respectivas autorizacións. Preocupa a imaxe e salubridade do concello. Un bando do alcalde socialista Paco Ferreira fai un chamado á conciencia social pero lembra que pódense aplicar multas coercitivas aos responsables.

#Gondomar pecha o campamento de verán que congregou a 100 cativos do concello.

Correo-e Imprimir PDF

gondoveran2015-No campamento, que se desenvolveu durante o mes de xullo, participaron 100 menores de entre 3 e 12 anos.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a conceleira de Igualdade, Nuria Lameiro acompañados tamén da concelleria Iria Lamas, clausuraron esta mañá, no CEIP Chano Piñeiro, o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 100 cativos de entre 3 e 12 anos, durante todo o mes de xullo. Nesta última xornada do Gondoverán celebrouse unha gran festa chea de xogos e diversión.

O Concello de Gondomar entrega diplomas acreditativos aos alumnos de fotografía dixital.

Correo-e Imprimir PDF

foto dixit gondoUn grupo de mozas e mozos de Gondomar recibiron os diplomas acreditativos do curso de fotografía dixital que estivo a cargo da recoñecida fotógrafa miñorana, Ani Pérez. Os participantes do curso, de entre 14 e 30 anos, recibiron coñecementos desta arte dixital durante 30 horas no correr do presente mes. O acto de entrega dos diplomas tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local e contou coa participación do alcalde Francisco Ferreira e responsables da concelleira de Xuventude.

Trocan a zona de descarga do Centro de Saúde de #Gondomar por prazas de aparcadoiro para discapacitados.

Correo-e Imprimir PDF

sos centrosaude-gondoA Policía Local de Gondomar informa que o Concello realizou un cambio de sinalización na rúa Portugal, á altura da Praza das Ecolas Vellas, quedando anulada a sinal de carga e descarga existente anteriormente, sendo agora unha zona reservada para dúas prazas para discapacitados e outra praza para o estacionamento de ambulancias, existindo outro sinal na entrada do Centro Médico que habilita a particulares a subida e baixada para persoas impedidas.

O novo goberno municipal de #Gondomar acelera a axenda do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

acordo manhufe"A día de hoxe xa están solicitadas entrevistas coa Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar, cos responsables do equipo redactor do PXOM, e unha xuntanza concertada para o vindeiro luns cos representantes dos empresarios do Polígono Industrial da Pasaxe", sinala o novo responsable de urbanismo e 1º tenente de alcalde, Xosé Antonio Araújo.

Define A Pasaxe como o "importante pulmón industrial do concello e da comarca", onde, asegura, "segue habendo demanda de empresas para se instalar nel, pero para iso hai que proceder a súa total ordenación e legalización."

O BNG esixe unha solución urxente ao problema do transporte público en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomarO Bloque Nacionalista Galego, "celebra" que o Concello de Gondomar conte cun pacto de goberno "entre grupos políticos saídos das eleccións do pasado 24 de maio, reclámalle ao novo goberno que non demore máis en buscar unha solución ao problema do trasporte público colectivo".

O alcalde de #Gondomar pide maior coordinación e rapidez nas tarefas ao persoal de obras do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

alcalde operarios gondomarO alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presentou oficialmente á concelleira Iría Lamas, responsable de Infraestruturas e Servizos Básicos no actual goberno. O fixo ante o persoal do departamento con quen mantivo tamén un intercambio a prol de informar dos plans e orientacións que guiarán ao novo goberno neste eido municipal que ocuparase de "obras, iluminación, cemiterio, parques e xardíns", entre outras actividades, segundo dou conta o rexedor.

Incorporáronse tres auxiliares á Policía Local de #Gondomar polos vindeiros 6 meses.

Correo-e Imprimir PDF

foto-auxiliares-gondomarHoxe tivo lugar a presentación dos tres auxiliares que se incorporaron a Policía Local de Gondomar. A presentación acudiu o Alcalde Paco Ferreira, o xefe de policía, e o concelleiro Juan Antonio Gonzalez

Gondoverán dará servizo a un centenar de cativos durante o mes de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

Gondoveran-2015O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e as concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro visitaron esta mañá o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participarán 100 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, durante todo este mes de xullo. Na presentación fíxose entrega dunha camiseta a cada un dos nenos e nenas participantes. Este ano incrementáronse as prazas do devandito campamento tras unha demanda que alcanzou as 120 solicitudes segundo fontes da administración local.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL