Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O alcalde de #Gondomar pide maior coordinación e rapidez nas tarefas ao persoal de obras do Concello.

O alcalde de #Gondomar pide maior coordinación e rapidez nas tarefas ao persoal de obras do Concello.

Correo-e Imprimir PDF
alcalde operarios gondomar

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presentou oficialmente á concelleira Iría Lamas, responsable de Infraestruturas e Servizos Básicos no actual goberno. O fixo ante o persoal do departamento con quen mantivo tamén un intercambio a prol de informar dos plans e orientacións que guiarán ao novo goberno neste eido municipal que ocuparase de "obras, iluminación, cemiterio, parques e xardíns", entre outras actividades, segundo dou conta o rexedor.


Na reunión, Ferreira avanzou a súa intención para que os traballos se realicen "con máis coordinación e no menor tempo posible xa que os veciños de Gondomar cando hai unha avaría ou algún dano queren solucións e axilidade", sinalou.

O persoal tamén aproveito esta reunión para darlle a coñecer ao alcalde "as súas preocupacións e os seus consellos para que cada departamento funcionase mellor, aos cales o alcalde puxo grande interese", sinalan dende a administración.