Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Incorporáronse tres auxiliares á Policía Local de #Gondomar polos vindeiros 6 meses.

Incorporáronse tres auxiliares á Policía Local de #Gondomar polos vindeiros 6 meses.

Correo-e Imprimir PDF
foto-auxiliares-gondomar

Hoxe tivo lugar a presentación dos tres auxiliares que se incorporaron a Policía Local de Gondomar. A presentación acudiu o Alcalde Paco Ferreira, o xefe de policía, e o concelleiro Juan Antonio Gonzalez

Presentáronse 17 candidatos/as para as tres prazas de auxiliares de Policía Local. Despois de pasar as probas físicas e teóricas que se realizaron en maio incorporáronse o 20 de xuño dous novos auxiliares da policía local e un máis o 1 de xullo, debido a que este último tivo que realizar o curso de Auxiliar na AGASP, curso que xa realizaran os que se incorporaron anteriormente, segundo informa a alcaldía.

Os novos Auxiliares patrullarán o Concello de Gondomar e cooperarán nas tarefas de seguridade e tráfico durante seis meses. Xa cooperaron en actos como na IV Concentración Moto Club A Ciento Cien, 2º Circuito de Enduro BTT concello de Gondomar, na Marcha ciclista e en outros actos que se irán celebrando o longo de estes seis meses que teñen de contrato.