Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

A fotógrafa Ani Pérez fornece Gondomar con novas miradas dixitais.

Correo-e Imprimir PDF

paco curso fotos2Un grupo de mozas e mozos de Gondomar iniciaron este mércores un curso de fotografía dixital que estará a cargo da recoñecida fotógrafa miñorana, Ani Pérez. Os participantes do curso, de entre 14 e 30 anos, recibirán coñecementos desta arte dixital durante 30 horas no correr do presente mes. As aulas comezaron cuña presentación na que estivo presente o alcalde Francisco Paco Ferreira, quen salientou a importancia da aprendizaxe destas técnicas por parte dos novos, nun mundo onde "todo é dixital, é o futuro", afirmou.

As clases que deron comezo hoxe desenvolveranse no Centro Neural da vila. No acto de apertura tamén estivo presente a concelleira Iría Lamas acompañando á docente, ao alcalde e mais o equipo da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Gondomar, organizadora deste obradoiro.

Por mor da seca o alcalde de Gondomar fai un chamado ao consumo responsable da auga.

Correo-e Imprimir PDF

paco macetonsNun dos primeiros bandos emitido como alcalde de Gondomar, o socialista Francisco Ferreira asinou o pasado martes un Bando a prol do "consumo responsable da auga". Nel fai un chamado á poboación a "facer un esforzo e restrinxir o consumo todo o que se poida". Nomeadamente solicita "evitar o rego excesivo dos xardíns, limpeza das rúas, lavado de coches, encher piscinas e outras actividades non necesarias". Todo ca fin de garantir " a dispoñibilidade de auga potable para as necesidades básicas das persoas".

A Cento Cien achegará a #Gondomar máis dun milleiro de visitantes coa concentración de motos.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-parcial

Gondomar será o centro do motor en dúas rodas durante toda a fin de semana. A IV Concentración Moto Club A Cento Cien xa está en marcha e todo está listo para acoller no predio das Cercas a máis dun milleiro de visitantes segundo cálculos da organización. O evento contará cunha carpa instalada no aparcadoiro a carón do campo de fútbol, onde pincharán Dj's a partir do venres 19 ás 22 horas. O espectáculo sairá ás rúas con varias rutas na zona que percorrerán os máis de 200 inscritos nelas. A maiores a vila gozará dun singular espectáculo o sábado pola noite cun percorrido con esferas luminosas e globos de helio que se instalarán nas máquinas participantes.

Manifesto Miñor deixa constancia que inda non existe acordo de co-goberno co PSOE.

Correo-e Imprimir PDF

Manifesto Miñor emitiu un comunicado horas despois do pleno de investidura do socialista Francisco Ferreira. Nel sinala que seguindo o mandato da súa asemblea facilitaron a investidura do alcalde coa abstención e non presentando candidato propio. Iso a pesar que o PSOE rexeitara as propostas de mínimos que Manifesto presentase días atrás na procura dun acordo, inda que segundo sinalan o grupo negociador do PSOE si as aceptara.

Manifesto Miñor acorda “facilitar” a investidura do socialista Paco Ferreira en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

masembleacdlNon presentarán candidato propio á alcaldía de Gondomar no pleno de investidura deste sábado, e facilitarán en todo caso a de Francisco "Paco" Ferreira (PSOE), candidato máis votado nas recentes eleccións do 24M. Así o resolveu a asemblea do Manifesto Miñor tralas conversacións con socialistas e CABE na procura dun "goberno de esquerdas".

Manifesto Miñor define este luns a estratexia do colectivo cara á conformación de goberno en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mm asemblea gondoQuen será o futuro alcalde de Gondomar e con que forzas gobernará inda segue a ser obxecto de especulacións. O socialista Paco Ferreira achegou unha proposta escrita a CABE e MM cara iniciar conversacións que posibiliten a súa investidura nun goberno tripartito. Mais unhas declaracións do socialista nas que adiantaban ofrecementos de retribucións e reparto de cargos molestaron ao nacionalista Antonio Araújo (MM) por entendelas fóra de lugar neste intre das conversas. Neste contexto a asemblea do MM está convocada para a tardiña deste luns para escoitar o informe da comisión encargada de falar coas outras forzas políticas e así logo decidir a estratexia de alianzas que desenvolverá o MM.

IMAXES Alfombras frorais do Corpus en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Alfombras Corpus Gondomar 2015 Imaxe APHoxe tivo lugar as tradicionais alfombras frorais de corpus en Gondomar. Aquí algunha escolma de imaxes desta mañá.

Asembleas de CABE e Manifesto pronúncianse a favor de iniciar o diálogo co PSOE pro acordos de investidura. #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

maniasembleaAmbas as dúas asembleas nomearon este sábado cadanseus equipos de contacto que responderán á solicitude de reunión que telefónicamente achegou o socialista Paco Ferreira, candidato máis votado en Gondomar no 24M. Maioritariamente os dous partidos de base veciñal valoraron positivamente a posibilidade de acadar acordos suficientes entre as tres forzas para gobernar Gondomar. Un código ético estrito e unha base programática mínima e consensuada son o marco que coincidentemente ambas as dúas formacións decidiron colocar como "irrenunciables" para calquera acordo cos socialistas. Ambas as dúas formacións descartaron iniciar conversacións para formar goberno co PP e IXG. Nun acto de transparencia, Manifesto Miñor transmitiu en directo por Internet a súa asemblea.

Comezaron os traballos de voluntariado na Alameda para as tradicionais alfombras florais de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

voluntarias VVai calor, pero o voluntariado xa está a esfollar en quendas laboriosas o abasto das primeiras flores que logo serán clasificadas e almacenadas cara a confección das tradicionais alfombras de Corpus. A carpa que dende hai anos fornece o Concello na Alameda xa está enchida da ramas verdes que os equipos, maioritariamente femininos, adican varias horas a preparar debidamente. Este ano as organizadoras abriron unha páxina na rede Facebook onde comparten imaxes das xornadas e ingresan solicitudes e comentarios. Nese senso, o pedido de colaboración de man de obra voluntaria acompaña as coleccións das primeiras imaxes colocadas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL