Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Manifesto Miñor deixa constancia que inda non existe acordo de co-goberno co PSOE.

Manifesto Miñor deixa constancia que inda non existe acordo de co-goberno co PSOE.

Correo-e Imprimir PDF

Manifesto Miñor emitiu un comunicado horas despois do pleno de investidura do socialista Francisco Ferreira. Nel sinala que seguindo o mandato da súa asemblea facilitaron a investidura do alcalde coa abstención e non presentando candidato propio. Iso a pesar que o PSOE rexeitara as propostas de mínimos que Manifesto presentase días atrás na procura dun acordo, inda que segundo sinalan o grupo negociador do PSOE si as aceptara.

Engaden que a maiores destas "dúas circunstancias, neste momento non hai ningún acordo ou documento asinado entres as tres forzas de esquerda na dirección de acadar un pacto de goberno".

Finalmente manifestan o compromiso e a vontade "de seguir traballando a partires da elección de alcalde na procura dun goberno de progreso, forte e plural, á altura do mandato cidadán saído das urnas o 24 de Maio".