Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Por mor da seca o alcalde de Gondomar fai un chamado ao consumo responsable da auga.

Por mor da seca o alcalde de Gondomar fai un chamado ao consumo responsable da auga.

Correo-e Imprimir PDF
paco macetons

Nun dos primeiros bandos emitido como alcalde de Gondomar, o socialista Francisco Ferreira asinou o pasado martes un Bando a prol do "consumo responsable da auga". Nel fai un chamado á poboación a "facer un esforzo e restrinxir o consumo todo o que se poida". Nomeadamente solicita "evitar o rego excesivo dos xardíns, limpeza das rúas, lavado de coches, encher piscinas e outras actividades non necesarias". Todo ca fin de garantir " a dispoñibilidade de auga potable para as necesidades básicas das persoas".

O Bando sinala ter en conta que a estación da primavera foi "particularmente seca", e o consumo da auga da rede de abastecemento público do municipio "e moito maior". Explica que o producirse un consumo irracional "os fluxos poderían mermar e non darían servizo ás necesidades básicas dos usuarios".

Pide aos veciños non esquecer que "a auga é un ben colectivo" a coidar polo que reclama un "esforzo" e facer un consumo responsable.