Luns, 27 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Comezaron os traballos de voluntariado na Alameda para as tradicionais alfombras florais de #Gondomar.

Comezaron os traballos de voluntariado na Alameda para as tradicionais alfombras florais de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
voluntarias V

Vai calor, pero o voluntariado xa está a esfollar en quendas laboriosas o abasto das primeiras flores que logo serán clasificadas e almacenadas cara a confección das tradicionais alfombras de Corpus. A carpa que dende hai anos fornece o Concello na Alameda xa está enchida da ramas verdes que os equipos, maioritariamente femininos, adican varias horas a preparar debidamente. Este ano as organizadoras abriron unha páxina na rede Facebook onde comparten imaxes das xornadas e ingresan solicitudes e comentarios. Nese senso, o pedido de colaboración de man de obra voluntaria acompaña as coleccións das primeiras imaxes colocadas.

A tradición naceu a finais da década dos 50 do século pasado, traída de Ponteareas pola familia dun garda civil, segundo testemuña do mestre Miguel Anxo Mouriño. Historia que recolle o libro retallos de GONDOMAR DE MIÑOR, editado polo IEM no ano 2012. Nela lémbrase algún dos veciños pioneiros na confección dos primeiros tapices: Diego Viruel, sarxento da policía local, Gilberto Vila, Ramiro Valenzuela "Milucho" e o mencionado Miguel Anxo Mouriño.

Así, a realización dos tapices florais en Gondomar conta cunha gran tradición semellante á doutros concellos da contorna. Con todo, o Corpus Christi da vila condal, presenta unha particularidade que a diferenza. Trátase da alfombra da escalinata de San Bieito, un tapiz floral que cobre cada un dos 40 chanzos que a compoñen, tanto no seu parte horizontal como na vertical, adherindo nesta pétalos e follas, facendo que a súa confección sexa moito máis complexa.