Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Manifesto Miñor acorda “facilitar” a investidura do socialista Paco Ferreira en #Gondomar.

Manifesto Miñor acorda “facilitar” a investidura do socialista Paco Ferreira en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
masembleacdl

Non presentarán candidato propio á alcaldía de Gondomar no pleno de investidura deste sábado, e facilitarán en todo caso a de Francisco "Paco" Ferreira (PSOE), candidato máis votado nas recentes eleccións do 24M. Así o resolveu a asemblea do Manifesto Miñor tralas conversacións con socialistas e CABE na procura dun "goberno de esquerdas".

Mais "Votar SI" á investidura de Paco Ferreira como alcalde, estará condicionada ao que o PSOE teña en consideración unha serie de propostas que a asemblea do pasado luns aprobou e trasladou ao socialistas nesta semana. Adiantan que de non aceptarse as mesmas os votos dos 3 concelleiros do Manifesto Miñor serán en branco. Medida que permitiría achegar a alcaldía a Ferreira só cos votos de CABE.