Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A fotógrafa Ani Pérez fornece Gondomar con novas miradas dixitais.

A fotógrafa Ani Pérez fornece Gondomar con novas miradas dixitais.

Correo-e Imprimir PDF
paco curso fotos2

Un grupo de mozas e mozos de Gondomar iniciaron este mércores un curso de fotografía dixital que estará a cargo da recoñecida fotógrafa miñorana, Ani Pérez. Os participantes do curso, de entre 14 e 30 anos, recibirán coñecementos desta arte dixital durante 30 horas no correr do presente mes. As aulas comezaron cuña presentación na que estivo presente o alcalde Francisco Paco Ferreira, quen salientou a importancia da aprendizaxe destas técnicas por parte dos novos, nun mundo onde "todo é dixital, é o futuro", afirmou.

As clases que deron comezo hoxe desenvolveranse no Centro Neural da vila. No acto de apertura tamén estivo presente a concelleira Iría Lamas acompañando á docente, ao alcalde e mais o equipo da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Gondomar, organizadora deste obradoiro.

Ani Pérez, con máis de 13 anos ao fronte dun estudo de fotografía na Ramallosa, informou que durante as 30 horas -repartidas en tres horas dous día á semana (martes e xoves de 10:00h a 13:00h )-, os alumnos e alumnas, de entre 14 e 30 anos, adquirirán coñecementos tantos técnicos como prácticos como ser as partes dunha cámara, trucos, a luz, o uso do flash ou o retoque dixital. En fin, todo o necesario para sacarlle partido a unha cámara de fotos e poder obter unha imaxe de calidade.

Pola súa banda, o alcalde Paco Ferreira salientou a gran oportunidade que teñen os mozos do concello ao poder participar nun curso destas características e "tan necesario" hoxe en día xa que "todo o digital é o futuro".

Espérase que á finalización do curso os alumnos fagan unha exposición das fotos onde demostren todo o aprendido.