Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Podemos- Gondomar debate as fórmulas cara a unha “candidatura de unidade popular”.

Podemos- Gondomar debate as fórmulas cara a unha “candidatura de unidade popular”.

Correo-e Imprimir PDF

O círculo Podemos de Gondomar reunirase este martes 23 de decembro para debater a fórmula para acadar unha "esa candidatura de unidade popular que sexa capaz de desbordar o inoperante taboleiro político vixente e recuperar para a xente a súa capacidade de decidir". Adiantan que non concorrerán ás municipais de 2015 como partido mais impulsarán "impulsar unha candidatura de unidade popular, construída de abaixo a arriba, sen exclusións, con ampla participación veciñal na designación dos candidatos e candidatas a través dunhas eleccións primarias e cun programa político, elaborado colectivamente, que garanta as transformacións desexadas de operatividade, consenso, participación e transparencia".


Sinalan como "imprescindible e urxente" traballar para acadar un cambio político "real e duradeiro que remate cunha memoria de corporacións inoperantes que alcanza á presente e cunha triste memoria de corrupción de cargos municipais".
Nese senso reunirase a Asemblea do Círculo PODEMOS de Gondomar para abrir no seo da organización o debate sobre a fórmula e os medios oportunos que pode ofrecer para chegar a esa candidatura de unidade.