Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Aula de Teatro de Gondomar procura novos integrantes.

A Aula de Teatro de Gondomar procura novos integrantes.

Correo-e Imprimir PDF

Tras máis de catro anos de actividade a Aula de Teatro que coordina a Concellaría de Xuventude de Gondomar procura novas incorporacións para o seu elenco. Por iso fai un chamado a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos que desexen formarse "no mundo do teatro" e pasar "un bo rato" todos os martes de 18:30 a 20:30 horas. A actividade é totalmente gratuíta e os interesados ten a disposición o teléfono 986369746 ou a web do concello para informarse.