Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A 5 anos de rematada a última adxudicación, licítase a conservación de espazos verdes en Gondomar.

A 5 anos de rematada a última adxudicación, licítase a conservación de espazos verdes en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
a-feira

Cun orzamento base de case 80 mil euros anuais, o Concello de Gondomar convocou un procedemento aberto para presentar ofertas cara a adxudicación do servizo de mantemento e conservación das zonas verdes, arborado e xardíns públicos do municipio. A convocatoria ten lugar 5 anos despois de rematada a última adxudicación, que dende 2009 fixo que o servizo se cumprira con varias empresas contratadas de xeito directo pola administración.

Unha irregularidade que levou a que a fiscalía en base a unha denuncia do edil nacionalista Pauliño del Río puxese ao alcalde Fernando Guitián fronte aos tribunais, por unha presunta prevaricación administrativa. Caso que fora arquivado e decretado o sobresemento do alcalde o pasado mes de maio, ao comprobar a xustiza que Guitián intentou dende 2012 impulsar o devandito procedemento de contratación para dar solución á irregularidade.
Tras a súa publicación no diario oficial da provincia, a convocatoria preséntase cun valor estimado de 79.997,93 euros anuais que serán adxudicados a oferta económica e de servizo máis ventaxosa a opinión da administración.