Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Desinfectan as arquetas e rexistros da Rúa San Bieto en Gondomar

Desinfectan as arquetas e rexistros da Rúa San Bieto en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
desinfeccion-gondomar

Veciños desta rúa, puxeron en coñecemento do Concello a existencia de cascudas nesta rúa. Unha vez comprobada a veracidade da existencia destas, realizouse unha desinfección de todas as arquetas e rexistros de ambas as dúas beirarrúas da Rúa San Bieto. O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, afirma que "os traballos foron realizados por unha empresa experta en control de pragas a cal certifica a eficacia do tratamento" e engade, "o mes que vén esta empresa realizará outra inspección na zona e aplicará mais tratamento se fose necesario".