Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Consultas sobre o programa político e as municipais centraron a primeira asemblea de Podemos-Gondomar

Consultas sobre o programa político e as municipais centraron a primeira asemblea de Podemos-Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O pasado sábado tivo lugar a presentación do Círculo Podemos de Gondomar no Centro Neural. Próximo a 90 persoas asistiron á xuntanza segundo fontes da propia organización. As consultas sobre o programa político e as bases ideolóxicas da formación foron o centro das consultas dos participantes na primeira parte da asemblea segundo consta na acta publicada polo círculo. Os problemas municipais e as posibles formas de participar nas vindeiras eleccións locais constituíron boa parte do debate no resto da sesión. A agrupación programa unha próxima reunión para o sábado 12 de xullo ás 20 horas nun ciclo de rotación que o círculo pretende levar a todas as parroquias de Gondomar.