Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Homenaxe veciñal á memoria de Javier Alonso Salgueiro

Homenaxe veciñal á memoria de Javier Alonso Salgueiro

Correo-e Imprimir PDF
cartel javier alonso

"Sito", "O Roxo de Regodagua", "O Rubio de Barreras", "O Mozo da Bandeira", calquera destes alcumes refírense á mesma persoa, Javier Alonso Salgueiro, Fillo predilecto de Gondomar. Sindicalista e militante político, foi destacado concelleiro en Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Impulsor do asociacionismo na súa parroquia e loitador social infatigable. Os veciños de Chaín queren honrar  súa memoria no 25 cabodano do seu tráxico falecemento.

Do sábado 27 de setembro ao domingo 5 de outubro o Centro Cultural de Chaín albergará unha exposición - homenaxe, durante a cal desenvolveranse diversas actividades culturais.

Inauguración

A xornada inaugural da exposición-homenaxe será o sábado 27 de setembro. Tendo inicio ás 20 horas cunha mesa redonda sobre a figura de Javier Alonso. A continuación actuará a Coral do Centro Cultural A Merced de Chaín, para finalmente dar por oficialmente inaugurada a mostra, composta por carteis informativos sobre a vida e obra de Javier Alonso Salgueiro. Mostra que estará aberta ao público durante toda a quincena , en horario de 19 a 21 horas.


Presentación do libro

O domingo 5 de outubro ás 12 horas, se presentará o libro Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira. Obra que afonda na súa vida, coordinada por Carlos Méixome, editada polo Instituto de Estudos Miñoranos e financiada polo Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. No acto participarán distintas persoas que no seu día estiveron relacionadas co homenaxeado. A xornada rematará co descubrimento dunha placa conmemorativa na súa memoria e actuación do Grupo de Gaitas.


A comisión organizadora convida á veciñanza da bisbarra a participar dos actos públicos e abertos programados.